POLÍTICAS SOCIAIS
"Non podiamos facer menos que cederlles o mellor espazo que temos na cidade para esta gala solidaria e social, como é o Teatro Principal", apuntou Concha Fernández sobre o concerto de Khitara, unha formación da que destacou "a súa aposta pouco convencional, mesturando guitarra clásica con eléctrica cun repertorio de clásicos que mesmo soborda ditos clásicos".
Pola súa banda, Adriana Pazos, responsable de comunicación da Federación Autismo Galicia, agradeceu ao Concello a cesión do Principal e o trato recibido, mostra dun "diálogo continuo que nos permite crear proxectos en común que saen adiante". Tamén tivo palabras de agradecemento para José Carballido pola súa implicación directa no proxecto.
Sobre o papel da Federación, Adriana Pazos lembrou o traballo que a mesma e as súas 14 entidades federadas veñen realizando dende 1995 e a súa importancia para o diagnóstico prematuro dun trastorno cuxos casos van en aumento. Incidiu en que o autismo é "unha realidade que abrangue toda a vida da persoa", mais tamén remarcou "que o autismo non é unha enfermidade, senón unha diversidade que debemos apoiar durante toda a vida da persoa". De aí que a Federación Autismo Galicia ofreza unha atención integral.
A entidade ten proxectos en marcha relativos a cuestións como a accesibilidade nos edificios, a formación de profesionais externos e internos sobre o tratamento do TEA, a atención ás familias ou o proxecto artístico "Retratea". Outra cita próxima é o 18 de febreiro, día no que se conmemorará o Día do Asperguer, con diversas actividades en colaboración coa Asociación Galega de Asperguer (Asperga).
Jose Carballido, líder de Khitara, recordou que unha das súas motivacións para realizar este concerto solidario foi ter traballado durante un curso escolar nun centro onde había alumnos con TEA, xa que "aí aprendín como é este colectivo e a diversidade existente entre as persoas que o forman". "Cada persoa ten as súas diferenzas cando se comunica e respecto da vida en xeral, dixo, agradecendo o labor da Federación Autismo Galicia para "dar visibilidade a un colectivo que precisa ser visto".
O Teatro Principal acolle un concerto solidario de Khitara a favor da Federación Autismo Galicia
29/01/2018 O sábado 3 de febreiro, o Teatro Principal será o escenario dun concerto solidario a favor da Federación Autismo Galicia. O protagonista desta actuación será o grupo Khitara, unha formación que mestura o son das guitarras clásicas coas eléctricas, facendo versións de temas clásicos do rock. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou este concerto xunto con Adriana Pazos, da Federación Autismo Galicia, e Jose Carballido, líder de Khitara. As entradas poden conseguirse na tenda A Reixa, que colabora co evento, na billeteira Teatro Principal ou na web www.josecarballido.com.
Concha Fernández explicou que o concerto ten unha finalidade solidaria, porque "os participantes fano xenerosamente para recadar fondos para a Federación Autismo Galicia", e unha finalidade social, porque vén da man da Federación Autismo Galicia, "unha entidade social de longa traxectoria dende o ano 1995 e cun valor fundamental para sensibilizar e mobilizar conciencias". Esta entidade trata de sensibilizar á sociedade sobre as capacidades diversas das persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA). A Federación non só traballa de maneira constante no recoñecemento do TEA, "senón que tamén están na vangarda en prestación de servizos e mellora da calidade de vida das familias", sinalou a concelleira. Estas prestacións ofrécense en atención temperá e sociofamiliar, con programas de accesibilidade e formación."Non podiamos facer menos que cederlles o mellor espazo que temos na cidade para esta gala solidaria e social, como é o Teatro Principal", apuntou Concha Fernández sobre o concerto de Khitara, unha formación da que destacou "a súa aposta pouco convencional, mesturando guitarra clásica con eléctrica cun repertorio de clásicos que mesmo soborda ditos clásicos".