FESTAS
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, foi a encargada de presentar o calendario de actividades coas que Compostela celebrará o Carnaval. O programa do Entroido comezará o sábado día 10 co tradicional desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata a do Toural, onde a figura quedará instalada no balcón do Pazo de Bendaña ata o día 14. A comitiva estará animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña do Laraño, e o pregón no Toural correrá a cargo de Carlos Santiago e a banda convidada IGMIG.
Xa no domingo 11, Os Conformistas de Conxo encargaranse de animar a xornada cun pasarrúas que partirá do centro de maiores de Conxo ás 10:30 horas, e que percorrerá diversas rúas do Ensanche e da cidade histórica ao longo de toda a mañá. A partir das 12, a Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto na compaña do grupo Píscore.
Pola tarde, celebrarase o Festival Infantil de Disfraces na Sala Capitol, con bailes, xogos e obradoiros. Entregaranse premios para o mellor disfrace individual, a mellor parella e o mellor grupo. A entrada é de balde ata completar aforo.
Desfile dende a avenida de Ferrol
A gran cita do Entroido de Santiago será o desfile do martes de Entroido. A principal novidade deste ano é que o punto de partida muda á avenida de Ferrol por mor das obras que se están executando na estación de ferrocarril. Igualmente, as carrozas, comparsas e charangas concentraranse a partir das 17:30 horas e percorrerán as rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. A Sala Capitol será o escenario da entrega dos premios ás mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfrace individual, así como para as mellores comparsas procedente das parroquias e barrios de Santiago. A festa contará coa actuación de O Sonoro Maxín.
Queima do Meco e outras actividades
As celebracións do Entroido finalizarán no mércores 14 coa queima do Meco. A figura abandonará a praza do Toural nun desfile no que participará a comparsa A Ruliña de Laraño, e ao que poderán sumarse todos aqueles que o desexen, preferiblemente vestidos de rigoroso loito. A praza Roxa volverá ser o escenario da queima do Meco, animada por Pepe Penabade e Peccata Minuta.
Ademais destas citas centrais, a celebración do Entroido inclúe outras propostas, pensadas sobre todo para os nenos e nenas. Así, na rede de centros cívicos celebraranse diferentes obradoiros e actividades lúdicas vinculadas ao Carnaval. Tamén no Pazo de Bendaña se celebrarán obradoiros de Entroido para os máis pequenos, o luns 12 de febreiro. Nenos e nenas aprenderán a facer caretas, disfraces de pirata, garabatas extravagantes ou sombreiros de cores en talleres que serán de entrada libre, ata completar aforo.
Xenerais do Ulla
Ademais destas propostas, máis vinculadas ao centro da cidade, o Entroido de Santiago volverá estar protagonizado pola figura dos Xenerais do Ulla. A primeira parroquia en revivir os atranques será a de Marrozos, o 3 de febreiro. Seguiranlle Angrois, o día 4; Aríns, o 10, e O Eixo, o 11 de febreiro. Este ano, como novidade, o Castiñeiriño sumarase ás parroquias que veñen mantendo o Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla cun atranque o 24 de febreiro.
Compostela celebrará o Entroido cun amplo programa de actividades do 10 ao 14 de febreiro
29/01/2018 Santiago celebrará o Entroido do 10 ao 14 de febreiro cun programa de actividades que volverá ter tres citas centrais: o desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata o Pazo de Bendaña, o desfile do Martes de Entroido e a Queima do Meco.
A figura protagonista do Carnaval de Compostela volve ser obra de José Manuel Méndez, que este ano quixo representar un Meco "supersticioso e romántico", ao coincidir o martes de entroido co día 13 e o mércores da queima co día dos namorados. Tal e como sinalou o autor, "o martes é un día especial para aqueles que son supersticiosos; así que o Meco incorpora elementos talismán como o trevo irlandés, a cruz andina ou a man de Fátima". En relación co matiz romántico, José Manuel Méndez sinalou que "a pesar de que o Meco non é un persoeiro romántico, quixen representar o amor que ten polos cartos e polo capitalismo". Ademais conta cunha sorpresa no seu interior que sairá á luz no momento da queima.A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, foi a encargada de presentar o calendario de actividades coas que Compostela celebrará o Carnaval. O programa do Entroido comezará o sábado día 10 co tradicional desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata a do Toural, onde a figura quedará instalada no balcón do Pazo de Bendaña ata o día 14. A comitiva estará animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña do Laraño, e o pregón no Toural correrá a cargo de Carlos Santiago e a banda convidada IGMIG.