LINGUA
Xa o día 11 destaca o concerto singular a cargo da Banda Municipal de Música e o grupo Píscore, que nos achegarán a mellor música combinada con humor. Esta proposta mestura o virtuosismo musical e a comedia xestual, con clown e participación do público. A cita é no Teatro Principal a partir das 12:30 horas.
O seguinte sábado, día 17, é o momento dos xogos populares, unha actividade moi querida polos máis maiores eque permite o xogo entre varias xeracións. Será a partir das 12 da mañá na praza Roxa. Xa o martes seguinte a atención centrarase no CIAC, que ofrece un obradoiro de consumo responsable para reflexionar e coñecer produtos de proximidade e ecolóxicos. Está dirixido a nenos e nenas de máis de 10 anos. A inscrición pode facerse no correo electrónico
ciac@santiagodecompostela.gal ou ben por teléfono no 981 543 145.
Na mesma liña vai a actividade do sábado 24 de febreiro, tamén no CIAC, coa que se fará unha ruta interpretativa sobre alternativas de consumo responsable en Compostela con varias paradas (hortas do parque de Belvís, Mercado de Abastos...) para tratar temas de consumo responsable relacionadas co pequeno comercio, os produtos de proximidade ou o comercio xusto.
As actividades finalizan o mércores 28 de febreiro cunha charla da Asociación Galega do Xogo Popular sobre a importancia do xogo e a mellor maneira de favorecer o seu desenvolvemento. A actividade está dirixida aos pais e nais, acompañados dos seus fillos e fillas e desenvolverase no CSC do Ensanche a partir das 18:30 horas.
Actividades de Entroido
Xa vinculado ao Entroido, o día 10 de febreiro está previsto un obradoiro de máscaras no local social de Verdía dirixido a nenos e nenas de entre 4 a 10 anos, para que poidan elaborar os seus disfraces con orixinalidade e creatividade. A inscrición é de balde en mposeo@santiagodecompostela.gal
Ademais, o Museo do Pobo Galego ofrece unha exposición sobre as diferentes visións e interpretacións do Entroido en Galicia. É un percorrido polos diferentes disfraces tradicionais e celebracións como os Xenerais da Ulla, as pantallas ou os peliqueiros.
Apego
O programa Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Esta iniciativa diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6), para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.
Xogos, contacontos e obradoiros de Entroido na programación infantil con Apego do mes de febreiro
31/01/2018 O programa Apego, que procura promover a socialización dos nenos e nenas en galego, continúa co seu calendario de actividades para as familias. Neste mes de febreiro haberá dende roteiros ao pé dos ríos ata obradoiros artesáns ou teatro. Ademais, haberá propostas relacionadas co Entroido.
As actividades comezan o vindeiro 7 de febreiro, ás 17:30 horas, coa segunda edición de Nanocontos a cargo de Raquel Queizás. Son pequenas historias capaces de captar a atención dos bebés e estimular así a súa percepción. A actividade está pensada para nenos e nenas de ata 3 anos e a inscrición pode facerse en dlg@santiagodecompostela.gal ata completar as 25 prazas ofertadas.Xa o día 11 destaca o concerto singular a cargo da Banda Municipal de Música e o grupo Píscore, que nos achegarán a mellor música combinada con humor. Esta proposta mestura o virtuosismo musical e a comedia xestual, con clown e participación do público. A cita é no Teatro Principal a partir das 12:30 horas.