NADAL
Antes da carreira, a partir das 17:00 horas, haberá música da man de Paulo Regueiro, de Los40 Galicia, e zumba navideño a cargo de Luís González Blanco. Rematada a carreira, a Zona Coca-Cola estará a disposición dos participantes na carreira para refrescarse e tomar un chocolate ben quente, cortesía da organización da proba.
Festa Fin de Ano
Despois da festa deportiva será quenda para a despedida do ano 2017, tamén no Obradoiro. Ás 23:15 horas repartiranse as bolsas de uvas e cotillón e terá lugar o primeiro pase de TT Syndicate, banda de R&B Soul procedente de Portugal. O seu estilo inspírase nas big bands dos 60, cunha posta en escena moi exquisita, cos músicos vestidos de rigorosa etiqueta, que contrasta coa súa intensidade e ritmo.
Logo das badaladas -que serán retransmitidas pola Televisión de Galicia- e do espectáculo pirotécnico, retomará a súa actuación a formación portuguesa.
Horario especial no Mercado de Nadal
Como xa acontecera na xornada de Noiteboa, o Mercado de Nadal abrirá as súas portas en horario especial de 11:00 a 14:30 horas. O Espazo Creativo do Mercado tamén se adaptará a este horario especial.
Compostela despide 2017 coa San Silvestre e con festa no Obradoiro
30/12/2017 A praza do Obradoiro será o escenario dos eventos máis destacados cos que Compostela despedirá este ano 2017. Pola tarde, as corredoras e corredores invadirán a praza, onde se sitúan a saída e a meta da San Silvestre 2017. Xa pola noite, as compostelás e composteláns recibirán o 2018 coa música de TT Syndicate
Ás 18:00 horas darase a saída da San Silvestre 2017. Con case 2.000 persoas inscritas, a carreira comezará na praza do Obradoiro e percorrerá as rúas de San Francisco, Carretas, Trindade, Travesa de Fonseca, Franco, Fonseca, Vilar, praza do Toural e Bautizados, ata chegar á Alameda, onde haberá ademais animación para os corredores e corredoras. Posteriormente, a proba irá por Xoán Carlos I, Senra, Virxe da Cerca, Casas Reais, Entremuros, Algalia de Abaixo, praza de Cervantes, Azabachería, Vía Sacra, San Paio de Antealtares, Conga e rúa Nova, para volver pola rúa do Vilar ata a praza do Obradoiro. O circuíto ten unha lonxitude de 5,5 quilómetros.Antes da carreira, a partir das 17:00 horas, haberá música da man de Paulo Regueiro, de Los40 Galicia, e zumba navideño a cargo de Luís González Blanco. Rematada a carreira, a Zona Coca-Cola estará a disposición dos participantes na carreira para refrescarse e tomar un chocolate ben quente, cortesía da organización da proba.