XUNTA DE GOBERNO

Comeza o procedemento de contratación das obras de renovación do céspede do campo de Santa Isabel

29/12/2017 O Goberno aprobou hoxe, nunha Xunta extraordinaria, o inicio do procedemento de adxudicación das obras de renovación e ampliación do sistema de céspede sintético e do sistema de rego no campo de fútbol municipal de Santa Isabel. A actuación ten un orzamento de case 525.000 euros, IVE incluído.

O obxectivo do proxecto é renovar o terreo de xogo, que non foi sometido a ningunha actuación dende o ano 2006. Trátase de mudar totalmente o céspede actual por outro de mellor calidade, ao tempo que se habilitará unha zona de adestramento nun dos laterais do campo. Por último, renovarase o sistema de drenaxe e rega, así como a iluminación.

Bolardos en San Francisco
Na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada a última hora desta mañá tamén se aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do subministro de sistemas de control de acceso mediante bolardos na rúa de San Francisco. O orzamento destinado a esta actuación é de case 130.000 euros, IVE incluído.

Compartir: