FESTAS DA ASCENSIÓN

Antonio Vega e Jorge Drexler nas Festas da Ascensión

29/04/2005 Antonio Vega, que ven de presentar o seu último traballo discográfico, "3.000 noches con Marga" e Jorge Drexler, cantautor uruguaio gañador na última edición dos Óscar do galardon á mellor canción orixinal polo tema "Al otro lado del río", serán algúns dos protagonistas das Festas da Ascensión 2005 que terán lugar do 4 ao 8 de maio.

As festas incorporan como novidades o desenvolvemento de dous festivais musicais, de hip-hop e de rock o xoves 5 e o sábado, 7 de maio, respectivamente. Antonio Vega actuará o venres, 6 de maio, na Quintana e Jorge Drexler pechará as festas o domingo, 8 de maio, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Non faltan nas festas actos tan populares e tradicionais como o Concurso Cabalar, que terá lugar o día grande das festas, o xoves 5 de maio, no recinto feiral de Amio, ou a agardada festa en homenaxe aos nosos maiores, que terá lugar neste mesmo recinto o sábado, 7 de maio. A gran cita deportiva das festas terá lugar o xoves 5 de maio, coa celabración da carreira ciclista "VI Trofeo Festas da Ascención"

...

Compartir: