SAÚDE
Cousas da VIHda
Cousas da VIHda é o nome que leva o cómic editado polo Concello e que ten como obxectivo a prevención da transmisión de enfermidades sexuais, incluída a Sida, entre a poboación moza. Esta primeira edición é de 30.000 exemplares que se distribuirán nos centros educativos de secundaria, na USC, en bibliotecas e en centros socioculturais. O texto é da Asociación Sexus e os debuxos de Ramón Marcos e Jorge Castelli.
A sexóloga Penélope Alonso, da Asociación Sexus, destacou do cómic a "visión positiva que nos dá sobre como tratar o tema do VIH, xa que propón unha visión fresca e dinámica e unha conversa sobre as prácticas eróticas habituais entre os mozos e as mozas que, ás veces, implican riscos".
Pola súa banda o educador social Alfredo Saborido asegurou que "consideramos fundamental que a sexoloxía se visibilice como ciencia" e engadiu que "o VIH ten presenza nas nosas vidas e nos nosos encontros" botando en falta máis información nesa materia, xa que "é moi carente dese compoñente vinculado ao encontro e ao desexo".
O Concello conmemora o Día Mundial da Sida cunha declaración e cun cómic para a poboación moza
30/11/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer hoxe as accións do Concello para conmemorar o Día Mundial da Sida, que se celebra o 1 de decembro.
Concha Fernández explicou que, o pasado martes, "o Consello Municipal de Saúde aprobou unha declaración que vai na liña da Declaración de París á que nos adherimos en novembro de 2016". Nese documento recóllese unha serie de compromisos e iniciativas para levar a cabo. "Entre os acordos -engadiu Concha Fernández- destacan impulsar iniciativas a prol dos obxectivos 90-90-90 da ONU Sida, situar ás persoas e a súa saúde no centro de todas as actividades, abordar as causas de risco, vulnerabilidade e transmisión, empregar a abordaxe e resposta ao Sida para promover unha transformación social positiva ou impulsar accións e iniciativas para dar unha resposta axeitada".Cousas da VIHda