EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Sobre a participación dos concellos nas políticas educativas, Martiño Noriega salientou que "é certo que os municipios non teñen competencias directas sobre educación, que lle corresponden ao Goberno galego, pero os concellos podemos asumir como obxectivo a formación, promoción e desenvolvemento de todos os seus habitantes, comezando polos máis pequenos e pequenas".
Sobre a Carta das Cidades Educadoras, o alcalde quixo subliñar o parágrafo que di: "unha cidade educadora debe saber encontrar, observar e presentar a súa propia identidade, que a fará única e será a base para un diálogo fecundo coa súa cidadanía e outras cidades". Isto último deberá ser compatible coas formas de vida no ámbito internacional, para que "ofreza unha imaxe atractiva sen desvirtuar o seu entorno natural e social". Noriega lembrou como exemplo disto último que todo o que rodea a praza do Obradoiro foi creado por mestres artesáns de diversas procedencias. Por iso, para o alcalde, Santiago xa é unha cidade educadora pola súa historia, "por ser parte dunhas das rutas cerne de Europa, esta cidade é un lugar de diálogo entre culturas, pobos e xente diversa". Ademais engadiu que Santiago "é cidade educadora cando se propoñen camiños escolares seguros, planificación urbanísticas para todos e todas, cando se fan políticas contra a exclusión social e recibimos a todas as persoas cos brazos abertos".
Manifesto
O manifesto que leu o alcalde de Santiago remarca que "o Día da Cidade Educadora é unha extensión do dereito fundamental de todas as persoas á educación, e como vehículo para facer realidade outros dereitos fundamentais", entendendo o dereito á educación como "motor de progreso social e económico das persoas e das comunidades". Lembra o manifesto que "a educación é un elemento fundamental para o desenvolvemento sostible e unha paz duradeira".
No terreo que lle compete ás cidades e aos seus gobernos locais, indica o manifesto, "asumimos o noso compromiso coa educación inclusiva e de calidade ao longo da vida, asegurando que este dereito poda facerse de maneira efectiva sen discriminación algunha". Para iso é importante "reforzar o importante papel que exercen escolas e familias".
Ao tempo, as diversas entidades que compoñen a contorna urbana, centros deportivos, de saúde, tecido empresarial, servizos municipais e medios de comunicación, contan con propostas educativas no ámbito non formal. "Estas propostas poden complementarse para dar apoio á educación formal" e por iso "recoñecemos o labor educativo de todos estes axentes e traballamos para implicalos na creación dun determinado modelo de cidade" co convencemento do enorme poder de transformación que ten a educación, leu Noriega.
O alcalde, en nome da Corporación municipal, convidou a centros educativos, familias e sociedade civil a "unir esforzos para facer efectivo o dereito á cidade educadora, na que rexan a igualdade de oportunidades, a inclusión, a xustiza social, a democracia participativa e a convivencia entre diferentes culturas". Todo isto na procura dunha cidade accesible e interconectada coa paz, co diálogo interxeracional e coa promoción dun estilo de vida sostible.
Todos estes principios están recollidos na Carta das Cidades Educadoras. "Só se logramos crear unha gran rede local de axentes educativos arredor deste proxecto compartido, conseguiremos converter o espazo urbano en acceso a coñecementos e saberes, e transmitir valores para que as persoas poidan desenvolver as súas capacidades".
"Como responsables políticos comprometémonos a xerar espazos de encontro, diálogo, reflexión e decisión, onde estean presentes as diferentes culturas e grupos sociais que conforman a nosa sociedade e acadar, dese xeito, facermos fronte aos numerosos retos que experimentan os nosos municipios", conclúe o manifesto.
O Goberno local reitera o seu compromiso cunha educación inclusiva e de calidade
30/11/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu lectura ao Manifesto do Día Internacional da Cidade Educadora. Santiago de Compostela, como cidade participante na Asociación Internacional de Cidades Educadoras, sumouse así a esta xornada na que se reivindica un papel máis activo das cidades no dereito á educación para todas as persoas. Asistiron ao acto representantes da Corporación municipal, directores e directoras de centros educativos do municipio e un grupo de alumnos e alumnas.
Martiño Noriega agradeceu a presenza "de toda a comunidade educativa que está aquí, como son as direccións dos centros, o representante da Catedral e as persoas que se achegaron hoxe para conmemorar o Día da Cidade Educadora". O alcalde lembrou que o movemento Cidade Educadora foi creado no ano 1994 "e Santiago forma parte del dende o ano 1996 e ten como o obxecto participar en proxectos e actividades para mellorar a calidade de vida dos veciños e das veciñas a partir da implicación coa súa cidade".Sobre a participación dos concellos nas políticas educativas, Martiño Noriega salientou que "é certo que os municipios non teñen competencias directas sobre educación, que lle corresponden ao Goberno galego, pero os concellos podemos asumir como obxectivo a formación, promoción e desenvolvemento de todos os seus habitantes, comezando polos máis pequenos e pequenas".