CONVIVENCIA
Segundo Xesús Martínez, xefe dos Bombeiros de Santiago, "o que queriamos reflectir eran as accións no traballo, para así maximizar as medidas de seguridade nas intervencións nas que actuemos en conxunto". Trátase tamén, dixo, de "optimizar os recursos e regulamentar as funcións de cada un nunha actuación".
Pola súa banda, Begoña del Río, responsable de Protección Civil en Santiago, lembrou que as funcións dos voluntarios son "axudar aos profesionais, e por iso este convenio, que deixa claros os puntos de actuación".
Protocolos en incendios e accidentes
Como exemplo, o convenio regula a actuación en caso de incendio, de tal forma que as unidades de Protección Civil se situarán de maneira que non interfiran nos accesos e traballos dos bombeiros. O responsable de Protección Civil presentarase ao mando dos bombeiros, indicándolle a súa presenza e o número de efectivos cos que conta. No caso de que o mando dos bombeiros estea facendo traballos no interior dun inmoble, darase o aviso ao condutor da bomba. Se por algún motivo, fose necesaria a presenza dalgún membro de Protección Civil, estes irán sempre acompañados dun bombeiro que coordinará os seus movementos e velará pola súa seguridade. Rematados os traballos, o mando dos bombeiros será quen indique cando pode retirarse a dotación de Protección Civil.
No caso de accidentes de tráfico, as unidades de Protección Civil situaranse antes e despois do lugar do sinistro. Así non interferirán no acceso das unidades de bombeiros, policías e ambulancias. No caso de que non chegara ningún dos servizos mencionados ao lugar do accidente, o vehículo de Protección Civil situarase, como mínimo, a 25 metros do sinistro, sinalizando a zona. Cando cheguen os bombeiros ao sinistro, o responsable de Protección Civil comunicará ao mando de bombeiros a súa presenza e o número de efectivos cos que conta.
Os traballos de rescate competen unicamente aos bombeiros. Os membros de Protección Civil prestarán axuda nestes labores a demanda do mando de bombeiros. Sempre que sexa posible, as instrucións daranse entre os responsables dos servizos. Cando rematen os traballos, o mando de bombeiros será quen indique cando pode retirarse a dotación de Protección Civil.
No caso de intervencións nas que se prevea que poden prolongarse no tempo, os voluntarios de Protección Civil poden realizar labores como traslado de persoal de bombeiros e material ata o lugar do sinistro, sinalización da zona, aprovisionamento de auga potable e víveres, e outras funcións que lles poida encargar o mando de bombeiros.
Curso de formación
Na rolda de prensa, Begoña del Río tamén deu conta da convocatoria dun curso básico de formación para futuros voluntarios e voluntarias de Protección Civil. "Este curso é obrigatorio para todos os/as voluntarios/as e a el van vir voluntarios/as de nova incorporación de Santiago, Ames, Teo ou Ferrol", explicou. Neste curso, organizado en colaboración coa Academia Galega de Seguridade (AGSP) e con fondos europeos, impartirase formación básica imprescindible para os voluntarios e voluntarias.
Abordarase a lexislación aplicable e informarase aos/ás asistentes sobre os planos de emerxencia autonómicos e municipais. Haberá formación teórica, pero tamén práctica de incendios, primeiros auxilios, comunicación, accidentes ou seguridade viaria.
Desde 1999 non se realizaba en Santiago ningún curso básico de formación destas características. Só se admiten 20 voluntarios/as, que sairán de entre as 50 solicitudes presentadas. Nos criterios de selección teñen prioridade os/as demandantes de emprego e as mulleres.
Bombeiros e Protección Civil regulan nun convenio a coordinación operativa en casos de emerxencias
29/11/2017 O concelleiro de Convivencia, Xan Duro, xunto coa responsable de Protección Civil, Begoña del Río, e o xefe dos Bombeiros, Xesús Martínez, presentou o convenio subscrito entre dous corpos para regular a actuación operativa en caso de emerxencias nas que é necesaria a presenza dos mesmos. Na rolda de prensa tamén se deu conta dun novo curso de acceso a Protección Civil para voluntarios.
Este convenio de colaboración entre o Servizo de Extincións de Incendios de Santiago e Protección Civil, ten tres obxectivos básicos: maximizar as medidas de seguridade no transcurso das intervencións, optimizar a coordinación e regular as responsabilidades e funcións. Os cometidos de cada corpo quedan reflectidos neste documento para garantir a máxima coordinación.Segundo Xesús Martínez, xefe dos Bombeiros de Santiago, "o que queriamos reflectir eran as accións no traballo, para así maximizar as medidas de seguridade nas intervencións nas que actuemos en conxunto". Trátase tamén, dixo, de "optimizar os recursos e regulamentar as funcións de cada un nunha actuación".