CORPORACIÓN MUNICIPAL

O Concello reclama ao Goberno que manteña os prazos do AVE

28/04/2005 O Concello reclamará do Goberno que manteña os prazos de construcción do AVE á capital de Galicia.

O Pleno aprobará hoxe unha declaración institucional conxunta dos grupos socialista, popular e nacionalista na que se acorda reclamar do Ministerio de Fomento o mantemento do trazado aprobado para a liña de alta velocidade entre Silleda e Boqueixón, e o inicio das obras conforme aos prazos previamente comprometidos. Só deste xeito se garante que o AVE "estea en funcionamento no ano 2008", segundo manifestou o Alcalde en funcións, Néstor Rego.

O clima preelectoral, diante da convocatoria das eleccións autonómicas para o próximo mes de xuño, non foi obstáculo para que a declaración sexa suscrita polos voceiros dos tres grupos municipais, Luis Toxo (PSdG), Dositeo Rodríguez (PP) e Néstor Rego (BNG).

A Declaración institucional fai referencia ao retraso que podería sufrir este proxecto, fundamental para o desenvolvemento de Galicia, no caso de paralizar os dous tramos entre Santiago e Ourense correspodentes a Silleda-Vedra e Vedra-Boqueixón.

Compartir: