ALCALDÍA

O alcalde reúnese con representantes da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e do sindicato SAGAP

31/10/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantiveron unha xuntanza esta mañá con representantes da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, e do sindicato SAGAP.

Ambas entidades trasladáronlle ao alcalde a súa preocupación pola sanidade pública e o sistema sanitario e quixeron, segundo comentou a súa voceira, Eli Dosil, "facer partícipes ao Concello e a cidadanía de Compostela da manifestación que terá lugar o vindeiro 18 de novembro, ás 17:00 horas, na Estación do Tren".

Compartir: