MOCIDADE
Este venres 3 de novembro comezarán as actividades, 30 en total, que se repartirán por espazos coma o Centro Xove da Almáciga, a Asociación Brañas de San Andrés ou o Centro Sociocultural de Conxo. Ao respecto, a concelleira sinalou "que é un programa máis amplo que o do ano pasado e por iso animamos aos mozos e ás mozas de Compostela a participar e a apuntarse naquelas actividades que requiren reserva previa a través da dirección de correo boasnoites@itaca.gal".
Acompañaron a Noa Morales nesta rolda de prensa Nerea Couselo, de Xandobela, e Hadrián Rei, de Ítaca. A primeira lembrou que esta idea de Boas Noites quería recoller o espírito dun programa semellante para a participación da xente nova, pero "nós quixemos dar un paso máis nese espírito participativo e o que fixemos foi non só programar, senón darlle sitio ás propostas que chegaban do talento mozo".
Desde Xandobela fixeron un convite este agosto pasado para xente moza que quixese participar e a convocatoria resultou positiva. "Moitas das ideas propostas foron incorporadas este ano como novidade respecto ao ano pasado", apuntou Nerea Couselo, ademais de recordar que este ano as actividades durarán serán nas noites de xoves, venres e sábado. Pola súa parte, Hadrián Rei, de Ítaca, recalcou que o programa está crecendo, tanto en demanda como en participación.
As propostas inclúen obradoiros de cociña, xogos na rúa, roteiros participativos, fotografía, cultivo de cogomelos ou teatro amador. Os días 9, 16 e 23 de novembro serán noites temáticas, dedicadas cada unha delas a un lugar diferente e terán lugar no Matadoiro. Así, o día 9 será a noite de Brasil, o 16 estará dedicado a África e o do 23 será a noite da India.
O programa Boas Noites tamén repetirá o ano que vén, xa que, como anunciou Noa Morales, resultou elixido no proceso de Orzamentos Participativos para o exercicio 2018.
Volve o programa "Boas Noites" con máis actividades para a mocidade compostelá nas noites de novembro
31/10/2017 A concelleira de Mocidade, Noa Morales, xunto con Nerea Couselo, de Xandoblea, e Hadrián Rei, da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, presentou a segunda edición do programa Boas Noites. Grazas a esta iniciativa, as noites de xoves a sábado do mes de novembro volverán estar cheas de actividades para a mocidade de Compostela.
Boas Noites nacera no marco do proceso piloto de Orzamentos Participativos do 2016, posto en marcha na área de Mocidade. Á vista do éxito, a iniciativa celebra a súa segunda edición, con música, cociña, roteiros ou danza, entre outras propostas.Este venres 3 de novembro comezarán as actividades, 30 en total, que se repartirán por espazos coma o Centro Xove da Almáciga, a Asociación Brañas de San Andrés ou o Centro Sociocultural de Conxo. Ao respecto, a concelleira sinalou "que é un programa máis amplo que o do ano pasado e por iso animamos aos mozos e ás mozas de Compostela a participar e a apuntarse naquelas actividades que requiren reserva previa a través da dirección de correo boasnoites@itaca.gal".