TURISMO
Ademais, nesta décima edición, as rutas noméanse cos diferentes Camiños de Santiago: Camiño Portugués, Camiño Sueste, Camiño Primitivo, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés e Camiño Francés. Deste xeito faise máis patente o vínculo orixinario de Santiago(é)tapas entre a peregrinación a Santiago e unha peregrinación gastronómica polos locais da cidade.
A décima edición do concurso continúa mantendo un número moi elevado de locais participantes. Neste caso participan 70 locais, que ofertarán 101 tapas distintas, todas a un prezo único de dous euros e medio. O público participante poderá puntuar as tapas que probe, así como a experiencia global no local. Entregaranse premios ao público en función do número de rutas completadas.
Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano conta por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Conta tamén coa colaboración institucional da Deputación da Coruña.
Santiago(é)tapas permitirá degustar máis de 100 tapas en 70 locais da cidade
31/10/2017 O cociñeiro Jorge Gago, do restaurante A Maceta, preparou en directo na praza Roxa a tapa gañadora do Premio do xurado da edición de Santiago(e)tapas 2016, "Xurelo San Simón". Con esta acción na rúa, no que participou a concelleira de Turismo, Marta Lois, anunciouse o comezo da décima edición do concurso de tapas de Santiago, que terá lugar do 2 ao 19 de novembro.
Nesta décima edición de Santiago(é)tapas, evento xa consolidado tanto entre o público como entre o propio sector da restauración da cidade, introdúcense dúas novidades que pretenden facer máis sinxela a participación no concurso. Modifícase o Tapasporte, que pasa de ser un libriño a ser un despregable similar á credencial do Camiño. E amplíase o número de rutas de tapas de cinco a seis, de tal xeito que sexa máis sinxelo rematar unha ruta, ao contar con menos locais.Ademais, nesta décima edición, as rutas noméanse cos diferentes Camiños de Santiago: Camiño Portugués, Camiño Sueste, Camiño Primitivo, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés e Camiño Francés. Deste xeito faise máis patente o vínculo orixinario de Santiago(é)tapas entre a peregrinación a Santiago e unha peregrinación gastronómica polos locais da cidade.