IGUALDADE
Marta Lois tamén mostrou a súa satisfacción ao ver que o número de solicitudes aumentou, o que reflicte o interese polas políticas de igualdade dende os diversos sectores do Concello. A concelleira sinalou que "o interese está en que estas asociacións teñan recursos para manter o seu compromiso ao longo do tempo", na procura do empoderamento da muller en diversos aspectos sociais, culturais e asociativos.
As asociacións beneficiadas coas subvencións para proxectos de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia machista son:
- Asociación Veciñal e Cultural Brañas de Andrés.
- Asociación de Mulleres Nacionalistas.
- Asociación de Viúvas Rosalía de Castro.
- Asociación de Veciños Camiño de Santiago.
- Asociación de Persoas Xordas de Santiago.
- Hockey Club Raxoi.
- Plataforma Feminista Galega.
- Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia.
- Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres Galegas do Rural.
- Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.
- Sindicato Labrego Galego.
- Fundación Autismo de Galicia.
Entre as actividades que desenvolverán as asociacións beneficiarias das subvencións figuran obradoiros de empoderamento e de visibilización da muller en ámbitos ata o de agora exclusivamente masculinos, ou cursos integrais para mulleres.
Doce entidades contarán con axudas municipais para as súas actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres
30/10/2017 A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta da resolución aprobada o venres pasado pola Xunta de Goberno na que se concedían as subvencións a entidades que realizasen actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra a violencia machista. En total son 12 as asociacións as que acceden ás axudas nesta oitava convocatoria, que aumentou a partida orzamentaria por segundo ano consecutivo, pasando dos 20.000 aos 27.000 euros.
As axudas van destinadas a 12 entidades que teñen planos de fomento de igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia machista. Sobre este último punto, a concelleira de Igualdade explicou que "o enfoque para a concesión destas subvencións cambiou, co que o número de asociacións se incrementou, xa que se ampliou a todas aquelas asociacións que leven adiante proxectos de igualdade". Como exemplo puxo o Hockey Club Raxoi, que pretende iniciar un programa de igualdade entre homes e mulleres nun deporte ata o de agora masculinizado.Marta Lois tamén mostrou a súa satisfacción ao ver que o número de solicitudes aumentou, o que reflicte o interese polas políticas de igualdade dende os diversos sectores do Concello. A concelleira sinalou que "o interese está en que estas asociacións teñan recursos para manter o seu compromiso ao longo do tempo", na procura do empoderamento da muller en diversos aspectos sociais, culturais e asociativos.