ALCALDÍA
Despois da inauguración do festival, abrirase a exposición principal do festival Remover Roma con Santiago, comisariada polo director do Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, Manuel Olveira. A mostra Moitos camiños. Imaxes contemporáneas do Camiño de Santiago reúne a obra de 31 artistas de diferentes lugares polos que pasa a ruta xacobea, seleccionadas en base a catro grandes temas: o sentido e o destino da peregrinación, a experiencia de camiñar, o diálogo entre o "eu" e o mundo, e a historia do Camiño.
O Festival Remover Roma con Santiago inclúe un ciclo de Cine no Camiño, que será inaugurado por Carlos Saura e contará coa participación de Oliver Laxe; unha serie de concertos de Música para o Camiño, que abrirá Uxía e clausurará María del Mar Bonet; un espazo de Libros para o Camiño, no que participará Manuel Rivas, e tamén Teatro de Rúa.
O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a creatividade e a sensibilidade dos artistas procedentes de cada unha das rutas polas que actualmente se realiza o Camiño de Santiago, invitando o visitante a desencaminarse da ruta orixinal.
O alcalde participa este luns na inauguración do Festival "Remover Roma con Santiago"
29/09/2017 O alcalde, Martiño Noriega, participará o próximo luns en Roma na inauguración do festival Remover Roma con Santiago, un evento organizado con motivo do XXX Aniversario dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa. O programa está organizado pola Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia e conta coa colaboración de numerosas institucións tanto españolas como italianas.
A inauguración do Festival terá lugar o próximo luns, ás 18:30 horas, na igrexa de San Pietro in Montorio. Ademais do alcalde compostelán, están confirmadas as intervencións da directora da Real Academia de España en Roma, Ángeles Albert; o director xeral de Relacións Culturais e Científicas da Axencia Española de Cooperación Internacional, Roberto Varela; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Vía Francíxena, Massimo Tedeshi; e a responsable de Turismo do Concello de Roma, Carola Penna. O acto terá un peche musical que correrá a cargo da galega Uxía.Despois da inauguración do festival, abrirase a exposición principal do festival Remover Roma con Santiago, comisariada polo director do Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, Manuel Olveira. A mostra Moitos camiños. Imaxes contemporáneas do Camiño de Santiago reúne a obra de 31 artistas de diferentes lugares polos que pasa a ruta xacobea, seleccionadas en base a catro grandes temas: o sentido e o destino da peregrinación, a experiencia de camiñar, o diálogo entre o "eu" e o mundo, e a historia do Camiño.