MEDIO AMBIENTE

As obras de mellora do firme da Alameda non inclúen asfalto nin cemento

29/09/2017 As obras de remodelación do pavimento que se están a executar na Alameda non inclúen a utilización de asfalto ou cemento, tal e como se ben recollendo erradamente nalgúns medios de comunicación. O material utilizado, co visto bo da Comisión Asesora da Cidade Histórica, denomínase Aripaq.

Trátase dun pavimento natural formado por calcín de vidro, reactivos básicos e árido calibrado, e é, polo tanto, totalmente respectuoso co medio ambiente e por iso se utiliza de xeito habitual en actuacións en parques e zonas verdes. De feito, o Aripaq foi empregado nas obras de mellora da costa de Santa Susana que se levaron a cabo a comezos do verán.

As obras que se están acometendo nestes días na Alameda permitirán remodelar o pavimento do Paseo dos Leóns e de parte do tramo da Ferradura. En total, actuarase nalgo máis de 3.000 metros, e en parte deste tramo non se acometera ningunha actuación de mantemento desde hai máis de sete anos.

Compartir: