ALCALDÍA
Para rematar o acto, o rexedor municipal entregou á delegación un agasallo en forma de libro de fotografías de mediados do século XX realizadas polo fotógrafo Estalote.
Recepción a un grupo de peregrinos/as de Feafes
29/09/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e a concelleira do grupo popular Pepa Castro, recibiron un grupo de peregrinos/as da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes). Chegaron este venres á capital de Galicia tras facer o Camiño dende Salceda (Pontevedra).
Martiño Noriega agradeceu a presenza de todas as asociacións no acto e sinalou que "unha cidade hai que entendela dende a diversidade, sobre todo unha cidade coma esta onde chegan persoas de moitos lugares e diversas condicións". O alcalde tamén quixo resaltar que "este tipo de accións deben estar apoiadas desde as instancias públicas".Para rematar o acto, o rexedor municipal entregou á delegación un agasallo en forma de libro de fotografías de mediados do século XX realizadas polo fotógrafo Estalote.