XUNTA DE GOBERNO
Compostela en Negro
O Goberno tamén lle deu hoxe luz verde á campaña de sensibilización que o Concello pon en marcha con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ás actividades previstas destinaranse 55.000 euros, dos que 50.000 proceden de fondos FEDER. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou o gran impacto que a campaña "baixo o lema de Compostela en Negro está tendo, non só na nosa cidade, senón no conxunto de Galicia". De feito, avanzou que este ano se sumarán á campaña máis municipios, ata sumar a día de hoxe un total de 57.
IVE de Incolsa
O alcalde tamén deu conta da decisión da Xunta de Goberno de contratar os avais bancarios necesarios para presentar a solicitude de suspensión das liquidacións formuladas pola Axencia Tributaria en relación ás liquidacións do IVE de Incolsa. Martiño Noriega explicou que o organismo estatal está intentando que sociedades municipais facturen o IVE nas súas encomendas de xestión, algo do que estaban exentas ata agora.
Segundo apuntou Martiño Noriega, "esta decisión pode comprometer a viabilidade de Incolsa, que é totalmente dependente dos fondos públicos". O alcalde incidiu en que a decisión da Axencia Tributaria aféctalle a todos os concellos do Estado e adiantou a vontade do Concello de recorrer esta decisión pola vía xudicial, porque "consideramos que a lei permite pelexar a medida".
Continúan as obras de mellora de pavimentación nas parroquias do rural
29/09/2017 A Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente das obras de mellora e rehabilitación de pavimentos nos viarios das parroquias de Sabugueira, Figueiras e Marrozos, e o inicio do procedemento para a súa adxudicación. Nestes traballos vanse investir algo máis de 200.000 euros.
As obras da Sabugueira, Figueiras e Marrozos forman parte do Plan Complementario ao POS 2016 da Deputación da Coruña, que se financia con cargo ás baixas orzamentarias logradas nos outros proxectos do Plan.Compostela en Negro