IGUALDADE
A gala do Principal estará presentada pola actriz Lorena Conde e contará coa dirección de Avelino González. A entrada é gratuíta e pódese retirar no Teatro Principal ata o sábado entre as 18:00 e as 21:00 horas.
O sábado día 30 de setembro, haberá unha feira de produtos "Marca Rosalía". Nesta feira participarán unhas 20 empresas que fabrican produtos con Rosalía de Castro como protragonista. Este mercado instalarase na praza de Cervantes dende as 11:00 ata as 20:00 horas.
A Banda Municipal de Santiago inaugurará esta feira. Durante a mesma, haberá actuacións do grupo Habelas Hainas e da compañía de Larraitz Urruzola, con música e monicreques arredor de Rosalía.
Compostela acolle este fin de semana o Festival Rosalía
28/09/2017 O Concello de Santiago colabora coa Deputación da Coruña, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Fundación Rosalía de Castro na organización do Festival Rosalía. Este evento celebrarase os días venres 29 e sábado 30 de setembro, conmemorando o centenario da escultura de Rosalía na Alameda compostelá.
O Festival Rosalía inclúe diversos actos, entre os que están a gala do día 29 no Teatro Principal. Será ás 21:00 horas e consistirá nun conxunto de actuacións musicais, coa presenza de artistas como Abe Rábade, Najla Shami ou Uxía Senlle. No mesmo acto recitarán poemas, entre outros, Anxo Angueira ou Marta Dacosta.A gala do Principal estará presentada pola actriz Lorena Conde e contará coa dirección de Avelino González. A entrada é gratuíta e pódese retirar no Teatro Principal ata o sábado entre as 18:00 e as 21:00 horas.