MOBILIDADE

A Semana da Mobilidade continúa este venres en Santiago co Parking Day e o Xadrez na Rúa

28/09/2017 A Semana Europea da Mobilidade continúa coas súas actividades en Santiago. Este venres 29, os acto principais será o Parking Day máis unha actividade de Xadrez na Rúa. Será na rúa Doutor Teixeiro a partir das cinco da tarde.

O Concello de Santiago, en colaboración con Greenpeace, organiza este Parking Day co obxectivo de concienciar e denunciar, que máis do 60% do espazo das cidades está reservado para os vehículos, tanto para a circulación como para o estacionamento.

Tamén ás 17:00 horas e tamén na rúa Doutor Teixeiro, haberá Xadrez na Rúa, con mesas de xadrez para quen se anime a xogar, aproveitando a liberación de espazo sen vehículos aparcados.

Andaina benéfica ao Pedroso
Por outra banda, a Andaina ao Monte Pedroso, convocada polo CD Fontiñas a prol de UNICEF, e a Andaina "Unha cidade para camiñar", convocada no marco da Semana da Mobilidade, uniranse nunha soa actividade. Así, todas as persoas participantes sairán da praza do Obradoiro.

Compartir: