BENESTAR ANIMAL
A concelleira de Benestar Animal explicou que o obxectivo é que todas as colonias da cidade estean ben sinalizadas e cunhas casetas para a alimentación dos gatos e gatas acordes ás necesidades específicas de cada zona. A día de hoxe xa están instaladas as da Alameda e as da colonia de Fontiñas. Noa Morales incidiu en que nas colonias controladas "non é recomendable deixar alimentos, sobre todo húmidos, porque as persoas voluntarias encárganse de subministrarlle pensos secos, acaídos para as necesidades específicas dos animais".
Campaña con Libera
O Goberno local tamén está a colaborar coa asociación Libera nunha campaña informativa sobre o programa CES. Rubén Pérez explicou que "é preciso que a cidadanía estea ben informada sobre como actuar con respecto aos gatos rueiros". Segundo apuntou "é a primeira vez que o Concello de Santiago pon en marcha algunha iniciativa en relación ás colonias felinas, e nos últimos dous anos estase dando un salto cualitativo que nos achega a outras cidades europeas". Libera insiste en que "unha atención correcta aos gatos rueiros prevé a aparición doutras pragas ou a propagación de enfermidades noutros animais domésticos".
Noa Morales lembrou que nas colonias controladas "non é recomendable deixar alimentos, sobre todo húmidos, porque as persoas voluntarias encárganse de subministrarlle pensos secos, acaídos para as necesidades específicas dos animais". Tamén apostou por "evitar pasear os cans polo contorno das colonias, para evitar conflitos entre os animais".
Na primeira fase da implantación do método CES (Captura, Solta e Esterilización), o Concello afrontou ata agora a esterilización de máis de 120 gatos e gatas.
O Concello sinaliza as colonias felinas e dótaas de casetas para a alimentación
31/08/2017 A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, deu a coñecer este xoves as accións que porá en marcha o Concello dentro da segunda fase do plan de xestión das colonias felinas que se iniciou o ano pasado. Trátase da sinalización destas colonias e da dotación de casetas nas que as persoas voluntarias lle poden subministrar os alimentos precisos aos gatos rueiros.
A edil presentou estas accións no contorno da colonia felina localizada na Alameda, acompañada pola voluntaria que a atende, e por Rubén Pérez, da asociación Libera, que está a colaborar co Concello na difusión do Proxecto CES (Captura, Esterilización e Solta). Noa Morales explicou que en Santiago "están censadas máis de 25 colonias felinas, nalgúns casos con máis de 20 anos de historia, como é a da Alameda". Malia a iso, "é a primeira vez na que o Goberno local asume algunha responsabilidade con respecto á atención aos gatos rueiros, dos que ata o de agora se ocupaban en exclusiva as persoas ou asociacións voluntarias".A concelleira de Benestar Animal explicou que o obxectivo é que todas as colonias da cidade estean ben sinalizadas e cunhas casetas para a alimentación dos gatos e gatas acordes ás necesidades específicas de cada zona. A día de hoxe xa están instaladas as da Alameda e as da colonia de Fontiñas. Noa Morales incidiu en que nas colonias controladas "non é recomendable deixar alimentos, sobre todo húmidos, porque as persoas voluntarias encárganse de subministrarlle pensos secos, acaídos para as necesidades específicas dos animais".