EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Co lema temático "Aventuras de papel", desta volta quérese fomentar o gusto pola lectura. Da man de Rosalía de Castro presentarase a temática desta nova quenda. Os nenos e nenas megullaranse nun libro cada día. Así, a xente máis nova explorará as capacidades da súa imaxinación traballando con diferentes textos.
Ábrese a quenda de setembro do Programa de Conciliación de Verán
30/08/2017 O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 inicia a nova quenda o día 1 de setembro. Nos CEIPs Raíña Fabiola e As Fontiñas haberá diversas actividades para os nenos e nenas os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro.
Para esta quenda de setembro xa hai inscritos 16 participantes no CEIP Raíña Fabiola, 10 deles con servizo de comedor. No CEIP das Fontiñas estarán 45 participantes, 35 con comedor e 13 co servizo de madrugadores incluído.Co lema temático "Aventuras de papel", desta volta quérese fomentar o gusto pola lectura. Da man de Rosalía de Castro presentarase a temática desta nova quenda. Os nenos e nenas megullaranse nun libro cada día. Así, a xente máis nova explorará as capacidades da súa imaxinación traballando con diferentes textos.