MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Polígono do Tambre
A enorme cantidade de chuvia caída en pouco tempo, apuntou o edil, "fixo que a auga acadara moita altura no punto máis baixo do Polígono". A situación da área industrial agravouse "porque a auga arrastrou moitos cartóns e plásticos que as empresas tiñan almacenados no contorno das naves, e que acabaron tupindo a rede de sumidoiros". En todo caso, a intensidade da chuvia foi tal "que mesmo apareceron partes dalgunha luminaria ou dúas gaivotas mortas colapsando os sumidoiros".
Xan Duro explicou que o asolagamento do Polígono do Tambre deixou danos nunha ducia de vehículos, e tamén nas instalacións dalgunha empresa.
Actuación de urxencia na rúa do Olvido
A outra incidencia grave rexistrada onte foi na rúa do Olvido. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que "o cancelón de Belvís desbordouse, a auga entrou nun canellón sen saída e a presión acabou derrubando o muro, de xeito que a auga atravesou unha vivenda e deixou importantes danos materiais". Xan Duro explicou que o Concello facilitaralle aloxamento á familia afectada durante algúns días, ata que o persoal de Viaqua remate de limpar a casa e lle sexa restablecido o subministro eléctrico. Ademais, Viaqua adoptará medidas de urxencia na zona para evitar situacións como a de onte.
Xan Duro explicou que a rúa do Olvido era un dos puntos negros detectados polo Concello "e había unha especial vixilancia para que o cancelón estivera sempre limpo, pero iso non foi suficiente no episodio tormentoso de onte". Pola contra, relatou o edil, "nos outros puntos negros da cidade non se rexistraron maiores problemas coas chuvias de onte, ao contrario do que era habitual". O concelleiro lembrou que xa estaba previsto acometer obras menores nalgúns deses puntos, como Entrerríos ou Frei Rosendo Salvado, e así se fará nas próximas semanas.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia quixo agradecer tamén o traballo da Policía Local, os Bombeiros, o persoal da empresa concesionaria do servizo de xestión da auga e os empregados de parques e xardíns "porque o episodio de onte puxo a proba a capacidade de resposta dos operativos de emerxencia, e o persoal evitou que se rexistraran danos maiores".
O Concello facilitará aloxamento á familia afectada pola inundación na rúa do Olvido ata que poida volver á súa casa
29/08/2017 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia fixo balance das incidencias rexistradas na cidade durante o episodio treboento de onte, que cualificou de "absolutamente inusual en Compostela". Xan Duro explicou que os problemas máis graves detectáronse no Polígono do Tambre e nunha vivenda da rúa do Olvido, mentres que os considerados "puntos negros" da cidade en caso de fortes chuvias "soportaron bastante ben o temporal".
Segundo os datos de Meteogalicia, recollidos na súa estación medidora de San Lázaro, en torno ás seis da tarde caeron 9 litros de auga por metro cadrado nun período de 10 minutos. Xan Duro salientou que "é a cifra máis alta dende que Meteogalicia ten rexistros". Nunha hora, na mesma estación recolléronse 22 litros de auga. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que no caso do Polígono do Tambre, "a partir das imaxes de radar Meteogalicia estima que caeron entre 40 e 50 litros de auga por metro cadrado, o dobre practicamente que en San Lázaro".Polígono do Tambre