MANTEMENTO E OBRAS
O concelleiro de Medio Rural salientou tamén as actuacións que se están executando na parroquia do Eixo, e que lle afectan a 2,5 quilómetros da rede viaria. A obra máis importante neste caso "é a mellora dos accesos á zona da Ermida do Eixo e o campo da festa". En Aríns tamén se están acondicionando 2,5 quilómetros de firme, e en Enfesta estase traballando na mellora da pista que une os núcleos de Reboredo e Sionlla, "nun tramo de varias pontes nas que se producían continuos asolagamentos".
Por último, en Marantes estase traballando no contorno da igrexa da parroquia, acondicionando unha pequena senda peonil, e na mellora da estrada que vai á parroquia de Busto, "unha das reivindicacións históricas da veciñanza".
A maiores das obras do POS, nas últimas semanas a empresa adxudicataria do gran contrato de mantemento da rede viaria esta centrando os seus esforzos na zona rural, con actuacións puntuais que suporán un investimento de 200.000 euros. As obras estarán concluídas antes de que remate setembro, "porque o obxectivo é deixar a zona rural preparada para os meses de inverno".
O Goberno local inviste un millón de euros na mellora da rede viaria da zona rural
29/08/2017 O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe do estado no que se atopan as obras que se veñen executando nas parroquias de Santiago ao longo deste verán, e que se supoñen un investimento dun millón de euros. Desa cifra, 800.000 euros corresponden a actuacións vinculadas ao POS 2016, financiado pola Deputación da Coruña, e 200.000 a actuacións menores do gran contrato de mantemento. Rafael Peña explicou que este investimento "está permitindo acondicionar máis de 25 quilómetros da rede viaria da zona rural, en moitos casos en estradas nas que nunca se fixera labor de mantemento algún".
As actuacións máis importantes das que se están executando na zona rural corresponden a investimentos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, e estarán rematadas antes de que finalice setembro. Así, Rafael Peña explicou que se están acondicionando "case catro quilómetros de firme na parroquia de Villestro". Neste caso, a actuación principal será "a mellora da pista de acceso ao colexio Junior’s, onde se substituirá o actual pavimento por aglomerado en quente que soporte mellor o intenso tráfico da zona". Ademais diso, estanse asfaltando pistas das parroquia "ás que non se lle tocaba dende hai máis de vinte anos".O concelleiro de Medio Rural salientou tamén as actuacións que se están executando na parroquia do Eixo, e que lle afectan a 2,5 quilómetros da rede viaria. A obra máis importante neste caso "é a mellora dos accesos á zona da Ermida do Eixo e o campo da festa". En Aríns tamén se están acondicionando 2,5 quilómetros de firme, e en Enfesta estase traballando na mellora da pista que une os núcleos de Reboredo e Sionlla, "nun tramo de varias pontes nas que se producían continuos asolagamentos".