TURISMO
As Cidades Patrimonio dispuxeron dun mostrador dentro do espazo propio de Turespaña, denominado Spanien am Main, cuxa coordinación correu a cargo da OET de Frankfurt, dende o que un técnico de turismo presentou aos potenciais clientes do mercado alemán a oferta turística, patrimonial e cultural das 15 cidades.
O mercado alemán
Alemaña é un dos países europeos con maior propensión ao turismo, sendo a viaxe vacacional una das prioridades de consumo. No ano 2016 visitaron España preto de 11,2 millóns de turistas alemáns, o que representa o 14,8% do total de turistas recibidos, situando a Alemaña no terceiro posto, practicamente á vez que Francia (15%) e por detrás de Reino Unido (23,6%). En cambio, Alemaña sitúase en segundo lugar e a unha considerable distancia de Francia, tanto en gasto, con 11.078 millóns de euros, achegando o 14,3% do total, como en pernoctas hostaleiras (22,8% do total). Rexistráronse crecementos tanto no fluxo de turistas (+6,4%) como no gasto (+5,3%) e nas pernoctas hostaleiras (+6,6%).
Os últimos datos mostran un mercado estable fronte aos destacables crecementos que se deron en abril. Nos primeiros meses de 2017, o mercado alemán mantivo tendencia expansiva, con crecementos tanto no fluxo de turistas (+7,6%), como no gasto (+10,8%) e nas pernoctas hostaleiras (+0,9%)(INE).
Plan Operativo
Tras un 2016 moi positivo para o sector turístico no Estado, o Plan Operativo do Grupo para 2017 continúa coa liña de promoción, representación e comercialización das 15 cidades baixo o selo de calidade excepcional que outorga formar parte da lista de Patrimonio Mundial de Unesco, en colaboración con Turespaña.
Ademais levar a cabo diversas presentacións directas en mercados de orixe nacionais e internacionais, o Grupo está presente nas feiras máis importantes do sector, como Salon des Vacances (Bruxelas), Reisen Hamburg (Hamburgo), Salon Mondial du Tourisme (Paris), WTM Latin America (Sao Paulo), ITB Berlín e WTM Londres, ITB Asia (Singapur), JATA Tokio e CITM China, entre outras.
As Cidades Patrimonio continúan en Frankfurt a súa promoción turística no mercado alemán
26/08/2017 O Grupo Cidades Patrimonio participou este fin de semana na feira Museumsuferfest (Festa da Ribeira dos Museos) de Frankfurt. Trátase dunha das festas culturais ao aire libre máis grandes de Europa, cunha afluencia duns 2,6 millóns de visitantes.
A Museumsuferfest é un evento cuxo obxectivo é combinar arte e cultura, música e gastronomía nun espazo dominado polo río e os museos da cidade nunha época do ano na que Frankfurt ofrece a súa mellor cara. Ademais das casetas e carpas expostas ao longo do paseo, e dos espectáculos que se celebran toda a xornada, o visitante ten a oportunidade de acceder aos museos da cidade por medio dun pase válido os tres días e a un prezo moi reducido.As Cidades Patrimonio dispuxeron dun mostrador dentro do espazo propio de Turespaña, denominado Spanien am Main, cuxa coordinación correu a cargo da OET de Frankfurt, dende o que un técnico de turismo presentou aos potenciais clientes do mercado alemán a oferta turística, patrimonial e cultural das 15 cidades.