EMIGRACIÓN
O alcalde de Santiago de Compostela e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, comprometeuse a adicar preto de 4.500 euros ao ano a fin de que os rapaces descendentes de galegos que viven lonxe deste centro poidan pagar o transporte que os leva a este centro.
O Instituto Argentino-Galego Santiago Apóstol, de financiación mixta e que conta co título de Excelencia Educativa, foi creado a través da Fundación Galicia América pola Xunta de Galicia no ano 1998 e está ubicado xunto ao Centro Galicia de Buenos Aires. Trátase do primeiro centro educativo no que se imparten oficialmente materias curriculares galegas –lingua, cultura e historia- fóra de Galicia en primaria e secundaria, onde estudan uns 363 alumnos, maioritariamente fillos de emigrantes galegos.
No transcurso da visita a este centro educativo os seus directores, Adriana Noschy e Juan Domingo Fernández, xunto a Manuel Peleteiro, presidente do Centro Galicia, e outros representantes do Centro Galicia e da Fundación Galicia-América fixeron entrega da medalla do colexio aos concelleiros e alcaldes alí presentes.
Xuntanza cos pequenos empresarios
Na mesma xornada o concelleiro de Promoción Económica e Mercados do Concello de Santiago, Xosé Manuel Iglesias e a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, xunto co alcalde de Ames, Carlos Fernández e o teniente alcalde deste concello, Xosé M. Fernández, mantiveron un encontro con representantes de APYME-Arxentina (Asamblea de Pequenos e Medianos Empresarios). Concelleiros e alcalde intercambiaron informacións e impresións sobre a situación dos pequenos e medianos empresarios galegos e arxentinos cos representantes desta institución, comprometéndose a seguir mantendo o contacto para ver de artellar algún proxecto futuro en común e contribuír ao fluxo de interacción entre as empresas europeas e as latinoamericanas.
Xa á noitiña, os representantes da Mancomunidade foron recibidos pola Federación de Asociacións Galegas, encabezada polo seu vicepresidente, Luís Fernández. Tras facer un repaso pola historia da Federación, pola que pasaron as figuras máis emblemáticas do galeguismo e do republicanismo durante o exilio, o vicepresidente deu conta dos seus proxectos de futuro, entre os cales destaca a apertura do Museo da Emigración Galega, que será inaugurado o vindeiro 1 de xullo.
Os representantes da Mancomunidade falaron da difícil situación dos inmigrantes arxentinos e dos emigrantes galegos en Arxentina, e escoitaron as inquedanzas dos presidentes das diferentes asociacións alí presentes. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, comprometeuse a "recoller os comentarios e críticas e intentar trasladalas aos organismos competentes".
Pola súa banda, a concelleira de Emigración e Inmigración do concello de Santiago, Teresa Regúlez, fixo fincapé no traballo da Oficina que puxo en marcha a Mancomunidade e que pretende "acoller aos emigrantes da mesma maneira que vostedes o fixeron con nós".
Tras entrevistarse cos representantes do goberno do país e coñecer de primeira mao as necesidades dos emigrantes galegos, os alcaldes e concelleiros da Mancomunidade de Santiago de desprazarán á capital de Uruguai, Montevideo, onde seguirán desenvolvendo a súa axenda institucional ata o vindeiro sábado 30, que regresarán a Buenos Aires.
A Mancomunidade de Santiago becará a fillos de emigrantes galegos na Arxentina
27/04/2005 Os alcaldes da Mancomunidade de Santiago asinarán un convenio que posibilite becar a fillos de emigrantes galegos do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires
Unha representación da Mancomunidade de Santiago visitou o martes, 26 de abril, onte o Instituto Argentino-Galego Santiago Apóstol, sito en Buenos Aires, co obxectivo de sentar as bases do convenio que asinarán as dúas entidades para becar a fillos de emigrantes galegos.O alcalde de Santiago de Compostela e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, comprometeuse a adicar preto de 4.500 euros ao ano a fin de que os rapaces descendentes de galegos que viven lonxe deste centro poidan pagar o transporte que os leva a este centro.