ALCALDÍA
Medidas de seguridade
Preguntado polas medidas de seguridade que se veñen adoptando en Santiago tras os atentados de Cataluña, o alcalde insistiu en que "foron acordadas coas forzas de seguridade, coas que o Concello de Santiago mantén unha permanente coordinación, antes e despois do acontecido na Rambla e en Cambrils". Martiño Noriega reiterou que "as decisións en materia de seguridade teñen que estar rodeadas de discreción e non poden ser radiadas", e confirmou que o Goberno local ten tramitada a convocatoria da Xunta Local de Seguridade.
Para o alcalde, "as institucións públicas teñen que lanzar mensaxes de tranquilidade, non poden contribuír a crear un clima de alarma innecesario, e deben transmitirlle á cidadanía o convencemento de que non podemos vivir con medo"
O alcalde asistiu á manifestación polos atentados de Cataluña
26/08/2017 O alcalde participou en Barcelona na manifestación contra o terrorismo convocada en repulsa polos atentados da semana pasada na capital catalá e en Cambrils. Martiño Noriega asinou no libro de condolencias no consistorio barcelonés e tomou parte na marcha que partiu da Diagonal para rematar na praza de Cataluña.
O alcalde explicara o venres que a súa participación na manifestación obedecía a que "é necesario que todos e todas mostremos a nosa aposta pola normalidade e a convivencia". Martiño Noriega incidiu en que Santiago "é unha cidade irmá de Barcelona, e queremos expresar todo o noso apoio nestes momentos"Medidas de seguridade