PLENO
Os case 400.000 euros restantes son os relativos ao convenio que o Concello asinou con Acuaes en 2014. Segundo explicou a concelleira, "nese convenio acordouse que se existía algunha diferencia a maiores do acordado no convenio, a diferenza económica a asumiría o Concello de Santiago, sendo prexudicial para as arcas públicas".
Durante a súa defensa da proposta, María Rozas lembrou que "a tardanza á hora de aprobar os orzamentos do Estado motivou que levemos agora a Pleno a aprobación dos remanentes", que ademais poden executarse non só durante o resto do exercicio en vigor, senón tamén durante o 2018.
Obras no municipio
Este ano destinaranse 3,3 millóns de euros a acometer pequenas obras na cidade, os denominados investimentos financeiramente sustentables. Trátase de máis de 20 obras que responden a demandas veciñais, acordos plenarios e promesas co BNG e PSOE durante a negociación orzamentaria.
Así, realizaranse obras de mellora en varios centros socioculturais do rural como Grixoa, Bornais ou A Peregrina; obras de accesibilidade solicitadas pola veciñanza das rúas Santas Mariñas e A Estrada; obras de reparación de viarios en todo o municipio; obras de accesibilidade no polideportivo de Santa Isabel; melloras no Campus Sur ou a creación dun parque de skate na cidade.
A maiores, o montante restante destinarase a amortizar débeda de forma anticipada, unha obriga para dar cumprimento á Lei de estabilidade financeira. En total son 2,6 millóns de euros que permitirá continuar saneando as contas públicas ata situar a débeda en 30 millóns de euros, 12 menos que hai dous anos. A débeda principal que se vai amortizar é unha débeda de hai máis dunha década e que conta cuns xuros moi altos para o Concello de Santiago.
O Pleno dá luz verde ao destino dos remanentes de 2016, que inclúen obras na cidade e no rural
31/07/2017 O Pleno da corporación aprobou esta mañá en sesión extraordinaria o destino dos 7,5 millóns de euros de remanentes do 2016, que se dedicarán ao pago de sentenzas e convenios de mandatos anteriores, a amortización anticipada de débeda e a investimentos financeiramente sustentables.
A proposta saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta e do PSOE e a abstención do resto de grupos. Do total, destinaranse 1,5 millóns de euros ao pago de gastos pendentes do ano anterior, tanto sentenzas como acordos administrativos asumidos en mandatos anteriores. Esas sentenzas, explicou María Rozas, inclúen o pago de 142.000 euros a avogados externos por facturas de 2010 e 2013 "que foron devoltas en 2014"; por unha obra nunha instalación deportiva feita en 1998 sen contrato nin informes previos e por xuros de demora do xustiprezo de varias fincas. Outro medio millón de euros aos xuros derivados da sentenza chegada o ano pasado polo parque comarcal de bombeiros en relación a unha factura non pagada do ano 2009.Os case 400.000 euros restantes son os relativos ao convenio que o Concello asinou con Acuaes en 2014. Segundo explicou a concelleira, "nese convenio acordouse que se existía algunha diferencia a maiores do acordado no convenio, a diferenza económica a asumiría o Concello de Santiago, sendo prexudicial para as arcas públicas".