FACENDA
O sistema establece restricións de seguridade a partir dun número determinado de altas dende unha mesma IP, alertando ao equipo técnico que administra a páxina da existencia de altas sospeitosas, que van directamente a unha lista gris. O equipo activa un protocolo de seguridade, contactando e contrastando eses rexistros coas propias persoas. De non haber xeito de contactar con elas, esas altas sospeitosas quedan sen aprobar.
A plataforma permite acceder ás propostas escollidas, polo que a persoa usuaria pode facer un seguimento das mesmas. Ademais, cando se votan as propostas xérase un código que permite a verificación das votacións e a escolla de propostas.
Remata esta noite o prazo para apoiar as propostas aos orzamentos participativos
31/07/2017 O proceso dos orzamentos participativos Compostela Decide segue o seu curso. Hoxe ás 23:59 remata o prazo para apoiar as propostas achegadas pola veciñanza. As máis apoiadas pasarán a ser avaliadas nos vindeiros días polos servizos municipais para comprobar que son viables tecnicamente e determinar o seu custo. Será en setembro, a partir do día 22, cando as persoas rexistradas poidan votar finalmente as propostas de investimentos e actividades que consideren máis necesarias para Santiago.
Calquera persoa empadroada en Santiago de Compostela pode rexistrarse na plataforma decide.santiagodecompostela.gal para propoñer, apoiar e votar. Para darse de alta, a persoa usuaria debe introducir o seu DNI e a súa data de nacemento e aceptar a política de privacidade. A plataforma contrasta estes datos co padrón de habitantes e establece en que procesos pode apoiar e votar, dependendo de onde estea censada.O sistema establece restricións de seguridade a partir dun número determinado de altas dende unha mesma IP, alertando ao equipo técnico que administra a páxina da existencia de altas sospeitosas, que van directamente a unha lista gris. O equipo activa un protocolo de seguridade, contactando e contrastando eses rexistros coas propias persoas. De non haber xeito de contactar con elas, esas altas sospeitosas quedan sen aprobar.
A plataforma permite acceder ás propostas escollidas, polo que a persoa usuaria pode facer un seguimento das mesmas. Ademais, cando se votan as propostas xérase un código que permite a verificación das votacións e a escolla de propostas.