ALCALDÍA
O campamento urbano organiza accións dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 17 anos intercambiando actividades de exterior (grande xogos, predeportivos, deportivos, xincanas...) con actividades de interior (obradoiros, animación á lectura...).
O alcalde recibe os nenos e nenas do programa "Mañás de verán" do Don Bosco
31/07/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá os 140 nenos e nenas participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco.
O rexedor deulles a benvida ao Pazo de Raxoi, fixo un percorrido histórico polo edificio e destacou o "gran simbolismo da cidade de Compostela". Pola súa banda, o director da escola, Xabier Blanco, lembrou que Don Bosco "naceu hai 32 anos para que aqueles nenos e nenas que pasan as vacacións na cidade poidan realizar actividades".O campamento urbano organiza accións dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 17 anos intercambiando actividades de exterior (grande xogos, predeportivos, deportivos, xincanas...) con actividades de interior (obradoiros, animación á lectura...).