FESTAS
The Limboos
A praza da Quintana volverá ferver a partir das 22:00 horas cos concertos do grupo californiano Allah-Las e dos madrileños The Limboos. Allah-Las naceu en Los Ángeles en 2008 e está formado por Matthe Correia á percusión, Spencer Dunham ao baixo, Miles Michaud como vocalista e Pedrum Siadatian á guitarra. En Compostela ofrecerán os seus grandes éxitos, incluído o último disco publicado en 2016 e que leva por nome Calico Review.
Pola súa banda, The Limboos achegarán a mellor música negra e o R&B dos anos 50. Cun directo espectacular, o grupo consegue ofrecer unha das mezclas máis rítmicas da actualidade engadindo toques latinos e espaciais ao rythm&blues que os caracteriza. O grupo está composto por Daniela Kennedy, Roi Fontoira, Sergio Alarcón, Santiago Sacristán e Daniel Niño.
Fogos fin de festa
Ás 23:30 horas, a veciñanza poderá gozar dos tradicionais fogos fin de festa que se lanzan dende o Campus Sur e que poden verse dende numerosos puntos da cidade. Os fogos corren a cargo de Acciona Producciones e serán o preludio da actuación da orquestra Compostela, a partir das 12 da noite na Alameda.
A festa continúa na praza do Toural con The Funkles, un grupo compostelán que pon o peche ao ciclo Compostela é! Música con versións dos Beatles como nunca antes as vimos.
As obras na terraza de Raxoi non permitirán realizar este ano a recepción veciñal con motivo dos fogos fin de festa
31/07/2017 Rematan as festas do Apóstolo máis descentralizadas dos últimos anos cunha xornada que vén marcada pola música e os fogos fin de festa, tradicionalmente coñecidos como "fogos pequenos". Nesta ocasión, debido aos traballos que se están a realizar no patio oeste do Pazo de Raxoi, non se poderá realizar a recepción veciñal, tras a cal os/as asistentes presenciaban estes fogos fin de festa dende as terrazas, agora ocupadas polas obras.
As actividades da xornada darán comezo ás 18:30 horas coa última oportunidade de participar no programa Monicreques en ruta, que nos achega a vida e a obra de Ramón María del Valle-Inclán. O punto de partida é a estatua do escritor situada no Paseo dos Leóns da Alameda.The Limboos