ACCIÓN CULTURAL
O prego de licitación, publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o mércores 12 de xullo, establece como requirimentos económicos o pago dun canon anual mínimo de 5.000 euros e o compromiso cun investimento non inferior a 25.000 euros. Tras a análise e valoración das candidaturas, o importe final do contrato será o que resulte da aprobación da proposta seleccionada.
Amais da oferta económica que as/os solicitantes realicen para acrecentar estes mínimos, os criterios de valoración das candidaturas terán en conta outros elementos vencellados ao modelo de negocio e a súa viabilidade económica. Entre eles, inclúense o tipo de oferta gastronómica, o calendario e horarios de apertura, o cadro de persoal, o plan de mantemento e conservación das instalacións, a observancia de certas pautas medioambientais e as actividades culturais e extraordinarias previstas polas persoas e empresas candidatas á xestión.
A contratación de persoal para dar conta das tarefas e funcións descritas no plan de explotación do negocio dependerá exclusivamente do beneficiario da concesión., así como a súa xestión e as responsabilidades que dela se deriven en materia fiscal, laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo.
As bases fixan un período de execución do contrato de dez anos, que poderán ser prorrogados por dous máis ate un máximo de doce anos en total.
As candidaturas deben ser presentadas no rexistro do Auditorio de Galicia ate o 11 de agosto.
Restan quince días para presentar candidaturas á xestión da cafetería–restaurante do Auditorio
28/07/2017 Continúa aberta admisión de candidaturas para a xestión da cafetería-restaurante do Auditorio de Galicia. A concesión do servizo licítase cun canon anual de 5.000 euros e esixe un investimento mínimo de 25.000. A licencia de explotación outórgase por dez anos, prorrogables outros dous.
As obras acometidas polo Consorcio de Santiago para a mellora das instalacións e a revisión das condicións de adxudicación do servizo por parte do Auditorio, procuran conformar unha oferta accesible e atractiva para as persoas e empresas hostaleiras solicitantes.O prego de licitación, publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o mércores 12 de xullo, establece como requirimentos económicos o pago dun canon anual mínimo de 5.000 euros e o compromiso cun investimento non inferior a 25.000 euros. Tras a análise e valoración das candidaturas, o importe final do contrato será o que resulte da aprobación da proposta seleccionada.