XUNTA DE GOBERNO
Mocidade con Emprego
O Goberno local acordou hoxe tamén aceptar a subvención que viña de recibir o Concello de 1.556.102,02 euros para desenvolver o programa Mocidade con Emprego, que permitirá que 380 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de Compostela estean máis preto de acadar un emprego de calidade. Realizarán actividades relacionadas coa eficiencia no uso de auga en edificios, viabilidade de instalacións solares, certificación enerxética, actividades de comercio, xestión de repoboacións forestais e un longo etcétera.
O Concello de Santiago tan só ten que aportar 137.337 euros do total, que se dividirá en dúas anualidades, correspondentes a 2017 e 2018.
Convenio de comedores
Hoxe tamén se acordou dar conta da sinatura do convenio coa Consellería de Educación para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros de ensino público non universitario do Concello de Santiago durante os cursos escolares 2017-18 e 2018-19, de forma que o Concello se fai cargo da xestión do servizo de comedor escolar nos vindeiros dous cursos escolares. O convenio supón unha achega económica por parte da Consellería de 74.760 por curso escolar e un total de 149.520 euros.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno tamén acordou aprobar o convenio de colaboración co Santiago Futsal por importe de 65.000 euros para o ano 2017. Ademais, concedéronse os premios do V Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, que recaen en El In-Perfecto e na cooperativa da Praza de Abastos, que recibirán cadanseu premio de 5.000 euros.
Finalmente, a Xunta de Goberno acordou recepcionar a obra de reparación da rúa Escarabuña e anexas, así como aprobar as bases de dúas axudas no eido da dinamización comercial, unha por importe de 50.000 euros que inclúe promoción e dinamización comercial e outra de 25.000 para a incorporación de TICs no sector comercial.
Sanción á adxudicataria da iluminación do Nadal por incumprimento de contrato
28/07/2017 A Xunta de Goberno Local acordou este venres resolver as alegacións ao expediente aberto á empresa adxudicataria das luces de Nadal do 2016 desestimando as cuestións presentadas.
Enténdese que os incumprimentos contractuais e técnicos recollidos en varios informes municipais son moi graves e por iso se lle impón unha sanción de 3.750 euros. O alcalde, Martiño Noriega, destacou que aínda é cedo para saber se se prohibirá a contratación futura con esta empresa e que "o saberemos cando se poña fin de forma definitiva a este procedemento".Mocidade con Emprego