EMIGRACIÓN
O embaixador de España manifestou a súa preocupación diante das dificultades para achegar as actividades dos Centros Galegos aos mozos fillos e netos de emigrantes galegos. Pola súa banda, o alcalde de Santiago de Compostela e da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, transmitiulle as inquedanzas que o pasado sábado 23 lle transmitiron algúns veciños da Mancomunidade residentes en Buenos Aires, arredor do sistema de axudas que desenvolve a Embaixada, que inclúe o reparto de medicinas, as pensións asistencias e as viaxes a Galicia, entre outros contidos.
O embaixador explicou que, das 200.000 persoas inscritas no programa de axudas, máis do 50% son xa fillos ou netos de emigrantes galegos. Aranguren indicou que é difícil facer entender a este colectivo que os fillos e netos de inmigrantes, se son maiores de idade (en Arxentina, os maiores de 21 anos), teñen que residir polo menos un ano en España para acollerse a este programa.
O cónsul e o embaixador interesáronse polo número de arxentinos residentes en Santiago, ao que a concelleira de Emigración e Inmigración do concello de Santiago, Teresa Regúlez, contestou que "arredor duns trescentos están xa inscritos, pero de momento só temos claro que se poidan regularizar uns cincuenta".
Durante o encontro tamén houbo tempo para falar das inminentes eleccións galegas, e tanto o embaixador como o cónsul de España manifestaron o seu desexo de que o traballo da embaixada axudase a que todo concorrese na máis absoluta "neutralidade e imparcialidade". O cónsul fixo un chamamento a través dos alcaldes da Mancomunidade para que todos galegos residentes en Arxentina se animasen a votar a través do Consulado, posto que "sempre é máis seguro que o voto por correo".
Xa pola tarde, os alcaldes desprazáronse á sede do Senado da Nación, onde foron recibidos polo senador Eduardo Ménem, que lles explicou o sistema de funcionamento deste órgano. Durante o encontro, que transcorreu no chamado "salón de Eva Perón", posto que foi ela a que o mandou construír como homenaxe ao sufraxio feminino no primeiro ano do seu mandato, os alcaldes puideron comparar o sistema organizativo municipal dun e doutro país.
Os representantes da Mancomunidade visitarán o martes, 26 de abril, o Colexio Santiago Apóstol, onde asinarán un convenio de colaboración co transporte escolar para os fillos dos emigrantes que estudian neste centro. Pola tarde manterán unha reunión cos empresarios APYME e coa Federación de Asociacións Galegas. Mañá partirán a Montevideo, onde o alcalde de Santiago de Compostela e da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá unha entrevista co presidente da República, Tabaré Vázquez, entre outros actos institucionais.
O Alcalde e Presidente da Mancomunidade de Santiago entrevistarase co Presidente da República Uruguaia
26/04/2005 Os alcaldes da Mancomunidade de Santiago mantiveron un encontro co cónsul e o embaixador de España e visitaron no Senado da Nación, onde os recibiu o senador Eduardo Ménem. A axenda da viaxe institucional prosigue cunha entrevista co Presidente de Uruguai, a onde chegarán mañá, mércores.
A embaixada de España en Buenos Aires acolleu o luns, 25 de abril, a visita dos representantes da Mancomunidade de Santiago, onde foron recibiron polo cónsul de España, Manuel Faerén, e o embaixador de España, Carmelo Angulo Barturen. Durante o encontro, os alcaldes que integran a Mancomunidade deron conta da axenda institucional que están a levar a cabo estes días na capital arxentina e que seguirán desenvolvendo en Montevideo a partir de mañá. Así mesmo, intercambiaron opinións e información sobre a situación dos inmigrantes arxentinos que viven en España e dos emigrantes galegos que viven en Arxentina.O embaixador de España manifestou a súa preocupación diante das dificultades para achegar as actividades dos Centros Galegos aos mozos fillos e netos de emigrantes galegos. Pola súa banda, o alcalde de Santiago de Compostela e da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, transmitiulle as inquedanzas que o pasado sábado 23 lle transmitiron algúns veciños da Mancomunidade residentes en Buenos Aires, arredor do sistema de axudas que desenvolve a Embaixada, que inclúe o reparto de medicinas, as pensións asistencias e as viaxes a Galicia, entre outros contidos.