ALCALDÍA
A encargada da horta, a mestra Maite, recoñeceu que "non esperabamos que as verduras e hortalizas medraran tanto, pero conseguímolo grazas aos mimos que todos os nenos e nenas lles deron á plantación". Segundo explicou, os cativos e cativas de entre 1 e 3 encargáronse de sementar e regar a horta, e tamén de recoller os seus primeiros froitos. As verduras e hortalizas tamén serán degustadas polos nenos e nenas, coas súas familias.
De xeito paralelo á horta, a escola impulsou outro proxecto para dotar de niños de paxaros á zona verde do centro. As familias foron as encargadas de subministrar as casiñas, que agora coidan os nenos e nenas.
O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente coñecen a horta ecolóxica da escola infantil de San Roque
29/06/2017 O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitaron hoxe a Escola Infantil de San Roque, invitados pola directora e as profesoras para coñecer a súa horta ecolóxica.
A directora da Escola Infantil explicou que a horta ecolóxica "foi unha iniciativa que xurdiu co obxectivo de que os nenos e nenas entraran en contacto coa natureza". Dolores Santiso salientou que "é unha mostra de que as escolas 0-3 non son garderías, senón que teñen un proxecto pedagóxico no que o profesorado se implica ao máximo".A encargada da horta, a mestra Maite, recoñeceu que "non esperabamos que as verduras e hortalizas medraran tanto, pero conseguímolo grazas aos mimos que todos os nenos e nenas lles deron á plantación". Segundo explicou, os cativos e cativas de entre 1 e 3 encargáronse de sementar e regar a horta, e tamén de recoller os seus primeiros froitos. As verduras e hortalizas tamén serán degustadas polos nenos e nenas, coas súas familias.
De xeito paralelo á horta, a escola impulsou outro proxecto para dotar de niños de paxaros á zona verde do centro. As familias foron as encargadas de subministrar as casiñas, que agora coidan os nenos e nenas.