ACCIÓN CULTURAL
Previamente ocupouse das funcións de organización e difusión de eventos culturais do posto de Lector de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, e realizou traballos tanto para o Auditorio de Galicia como para Julio Perugorría Producciones.
A designación de Xaquín López González como novo director-xerente do Auditorio é o resultado dun proceso de selección no que se formou un comité de avaliación presidido polo alcalde e integrado tamén pola xerente do Consorcio, a vicerreitora de Cultura da USC, un representante do Consello da Cultura Galega, e expertos en artes escénicas e visuais.
Xaquín López, novo xerente do Auditorio de Galicia
30/05/2017 O Consello Reitor do Auditorio de Galicia pechou esta mañá o proceso de selección do novo director-xerente do Auditorio de Galicia, coa designación para o posto de Xaquín López González.
Xaquín López González é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, e ten unha longa experiencia relacionada coa dirección e xestión de proxectos culturais. Na actualidade é produtor executivo dos espazos culturais de Ferrol, en concreto do Teatro Jofre, o Auditorio e o Centro Torrente Ballester.Previamente ocupouse das funcións de organización e difusión de eventos culturais do posto de Lector de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, e realizou traballos tanto para o Auditorio de Galicia como para Julio Perugorría Producciones.