EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación colabora co proxecto didáctico "Las Sinsombrero"

30/05/2017 O Concello de Santiago é unha institucións que colabora coa Fundación Cultura de Paz na posta en marcha do proxecto Las Sinsombrero, que recuperará a figura das poetas da Xeración do 27 con motivo do seu 90 aniversario. Esta iniciativa didáctica permitirá traballar nas aulas, a través da música, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

O encargado da produción executiva e da realización do proxecto é o compositor e músico Paco Damas, que puxo música contemporánea a todas estas poetas e coordina toda a produción e elaboración dos materiais didácticos.

A través da musicación dos poemas, un grupo de profesores expertos na materia están elaborando una guía didáctica interactiva cuxo eixe condutor é a música e os textos de María Zambrano, María Teresa León, Rosa Chacel, Ernestina de Champourcín, Concha Méndez, Josefina de la Torre e Ángela Figuera.

A posta en marcha desta iniciativa é posible grazas a un convenio asinado pola Fundación Cultura de Paz con diversas entidades colaboradoras e patrocinadoras. O Concello de Santiago colabora co proxecto xunto a Canal Sur, a Universidade de Granada, o Concello de La Solana (Ciudad Real) e a Fundación Anastasio de Gracia - AG-FITEL. Como patrocinadores figuran o Instituto Andaluz da Muller; as deputacións de Granada, Ciudad Real e Cádiz; o Concello de Málaga e a Consellería de Educación, Cultura e Turismo de Castela - A Mancha.

Compartir: