ACCIÓN CULTURAL
As entradas para cada encontro teñen un prezo de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
Lorena Álvarez y su Banda Municipal
Contan que as primeiras composicións musicais dos nosos devanceiros foron a reprodución, mediante enxeños manufacturados, de sons naturais. O estrondo dun raio, a corrente dun río ou o chío dunha ave. Todo o mundo o entendía porque apelaba a algo que xa escoitaran antes, sons que facían estremecer, alegraban ou sinxelamente inquietaban. O tradicional de Lorena Álvarez non é a reprodución dun folclore específico, senón a capacidade de compartir esa esencia do natural dende as súas cancións a través de formas contemporáneas.
Tras a publicación de La Cinta (Sones, 2011), o seu primeiro LP Anónimo (Sones, 2012) e o EP Dinamita (Producciones Doradas, 2014) conseguiu traspasar os límites habituais da música tradicional e situala nun novo contexto no que a contemporaneidade e a tradición poden ir da man sen complexos, onde o pobo e a cidade se achegan, percorrendo camiños que ata agora estaban cubertos de maleza.
A súas cancións mesturan instrumentos e sons de corte tradicional con aires máis achegados ao pop contemporáneo. Nelas conta historias comúns e é por iso que os seus discos e concertos atrapan, divirten e conmoven tanto a novos como a maiores, que ven na súa música unha chiscadela sincera aos pequenos dramas e alegrías das que se compoñen as nosas vidas. Picardía, astucia, humor e sinxeleza para un novo cancioneiro popular, tan necesitado.
Atrás Tigre
Atrás Tigre son Pedro (guitarra e voz), Olalla (teclados e voz), Xiana (baixo e voz) e Antón (batería).
En 2016 publican o seu primeiro EP, Atrás tigre (Triunvirato 2016), gravado no Laboratorio Soyuz. Nel amosan os seus tenros cairos a ritmo dun jangle pop sucio e cósmico, de cadencia primitiva -ás veces doce, ás veces acelerada- e cunha tona agreste. Un primeiro traballo que foi seleccionado pola revista Mondo Sonoro como unha das mellores demos do ano pasado.
Estréanse no directo en abril do ano pasado, presentando o seu EP en diversas localidades. Algúns dos seus concertos tiveron lugar na sala Riquela, en Compostela, ou nos festivais Desconcerto na Praia e Ribeiro Son de Viño.
En 2017 editan Fainos saír, afondando dende unha sofisticada liberdade compositiva no seu lado máis synth pop, con guitarras vibrantes e melódicas e liñas de baixo revoltosas. Un bosque musical cheo de matices que invita á aventura.
Os galegos Atrás Tigre reciben á asturiana Lorena Álvarez no Compostela Conversa
28/04/2017 A asturiana Lorena Álvarez, a rapaza de San Antolín á que cantou Nacho Vegas, e a súa Banda Municipal serán os invitados da banda compostelá Atrás Tigre na segunda sesión de Compostela Conversa, un novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural que reúne a artistas con vínculos comúns nun irrepetible concerto dobre. Ambas bandas dialogarán sobre os fíos invisibles que as unen, como o "tradicional sexy", as musas, o pobo e a cidade, o costumbrismo, o humor o surrealismo e a evasión. Tras a breve charla inicial, os asistentes poderán gozar dos concertos dos dous grupos. Será este domingo 30 de abril, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
O público pode enviar as súas preguntas a cada un dos grupos previamente a través da conta de correo electrónico compostelaconversa@gmail.com e os e as artistas responderán o mesmo día do concerto en directo.As entradas para cada encontro teñen un prezo de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.