ACCIÓN CULTURAL
Antón Pedreira salientou que pola Feira pasarán máis de 50 persoeiros vinculados dalgún xeito ao mundo do libro, "sexan escritores, editores ou xornalistas". Entre os nomes propios, o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia citou a Moncho Borrajo, Fernando Cimadevila, Manuel Núñez Singala, ou Héctor Cajaraville.
Ademais das presentación e firmas de libros, haberá demostracións de acuarela a cargo de Eduardo Baamonde; un obradoiro de elaboración de gominolas ou un taller de caligrafía chinesa. Unha das actividades máis destacadas será unha sesión sobre produtos e cociña de proximidade, con Conchi Docampo, Rita Pesqueira, Kike Piñeiro, Fabián Lorenzo e Rafael Brantúas. Será o xoves 4, a partir das 18:30 horas.
O peche da Feira do Libro terá un marcado carácter musical, co concerto de Grüzvilla.
Actividades para o público infantil
Na programación da Feira do Libro deste ano ten unha grande importancia o público infantil. Así, mañá mesmo haberá un concerto de Maimiñas, a partir das 19:00 horas. O domingo, á mesma hora, presentarase o espectáculo musical O mundo de Carliños, baseado na figura de Carlos Casares. Tamén está previsto que se celebren talleres de encuadernación para nenos e nenas e sesións de contacontos.
A Feira do Libro regresa este sábado á Alameda
28/04/2017 A Feira do Libro abrirá este sábado as súas portas no paseo central da Alameda de Santiago, e poderase visitar ata o próximo 7 de maio. A tenente de alcalde, María Rozas; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, presentaron hoxe a 36ª edición desta cita, que leva por lema "A ledicia de ler", en homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
O vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, explicou que nesta edición da Feira haberá 13 casetas, e están previstas máis de trinta actividades distintas. A inauguración será este sábado, a partir das 12.30 do mediodía, cun concerto da Banda Municipal de Música. A pregoeira será a historiadora Encarna Otero e, tras o seu discurso, inaugurarase tamén a exposición Compostela: 20 fotos con historia, organizada por Alvarellos Editora.Antón Pedreira salientou que pola Feira pasarán máis de 50 persoeiros vinculados dalgún xeito ao mundo do libro, "sexan escritores, editores ou xornalistas". Entre os nomes propios, o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia citou a Moncho Borrajo, Fernando Cimadevila, Manuel Núñez Singala, ou Héctor Cajaraville.