CONSORCIO
A intervención consistirá no saneamento das fachadas e da torre do campanario, facendo unha limpeza da pedra. Para evitar que o problema das escorrentías da cuberta se reproduza sobre os novos paramentos, instalarase un canlón e baixantes de cobre, que conduzan directamente a auga da cuberta á rede de drenaxe existente, procurando afectar o menos posible á imaxe das fachadas da igrexa.
Como consecuencia da climatoloxía e da ausencia de mantemento, o tellado atópase en moi mal estado. Un dos obxectivos prioritarios desta actuación é a substitución das tellas da cuberta. O retellado farase con ganchos longos que permitan un maior solapamento da tella, polo que haberá que aportar tella vella idéntica á existente para compensar a superficie total. "Isto dificultará a entrada de filtracións de pluviais", asegura Allegue.
Por outro lado, arranxarase a varanda do coro, que presenta problemas de mantemento e estabilidade, polo que se procederá á súa reparación e reforzo.
Obras anteriores no templo
A última intervención levaba a cabo na igrexa de Santa Cristina de Fecha tivo lugar no ano 2002, promovida e financiada polo Consorcio de Santiago. Daquela, as obras centráronse no retellado, xunto ao caleado e pintado exteriores. Ademais, construírase unha drenaxe perimetral e instaláranse canlóns e baixantes de cobre nalgunha das fachadas.
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha
27/04/2017 No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vai intervir na igrexa de Santa Cristina de Fecha, situada na parroquia homónima. O organismo interadministrativo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 27.291,05 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o vindeiro 22 de maio.
O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Xosé Allegue, explica que "con esta obra búscase garantir a mellor conservación do templo, que, ao carecer de canlóns nas súas fachadas, presenta problemas nelas derivados da acción das escorrentías da cuberta así como da salpicadura da auga dos aleiros contra a fachada".A intervención consistirá no saneamento das fachadas e da torre do campanario, facendo unha limpeza da pedra. Para evitar que o problema das escorrentías da cuberta se reproduza sobre os novos paramentos, instalarase un canlón e baixantes de cobre, que conduzan directamente a auga da cuberta á rede de drenaxe existente, procurando afectar o menos posible á imaxe das fachadas da igrexa.