DEPORTE
Esta camiñada ofrécenos unha ocasión única para gozar das paraxes máis atractivas do entorno da nosa cidade. O percorrido reproduce practicamente o trazado do pasado ano, conservándose os pasos tradicionais máis atractivos (Sarela, Gatofero, Tambre, Pedroso). Mantense como punto de saída a praza Europa, en Área Central, que será tamén o punto de cruce dos dous bucles que compoñen a andaina.
Percorrido
O primeiro dos bucles parte de Área Central e dende o Parque de Vite segue a Guadalupe, Romaño, Río Sarela, Bargo, Río Gatofero, Grixoa, Río Tambre, Aradas, Pardaces, Monte Pío, parques de Galeras, Finca Simeón, Auditorio de Galicia e Vite, finalizando en Área Central. O segundo bucle pasa por Pontepedriña, Santasmariñas, Angrois, Santa Lucía, Aríns, Sanxuás, Monte Viso e final en Área Central.
Haberá puntos de avituallamento de bebida, froita e froitos secos cada 10 km, e nos quilómetros 20 e 30 tamén bocadillos. As persoas participantes poden completar o percorrido, sinalizado en todos os seus tramos, ou ben abandonalo en calquera punto intermedio, para o que estarán previstos medios de recollida e traslado á saída, sen prexuízo das numerosas liñas de autobuses urbanos próximas ao recorrido.
A concelleira de Deporte insistiu na honra que supón para o Concello "continuar colaborando con este club, que leva xa nas súas costas a organización de 14 andainas dos 50 quilómetros" e aproveitou para convidar a toda a cidadanía a que participe da mesma.
Principal novidade
Esta XIV edición da Andaina dos 50 quilómetros ofrece unha importante novidade. Neste 2017 ábrese a posibilidade de facer tan só o segundo bucle, con saída controlada ás 15:30 horas dende Área Central.
O prazo para inscribirse nesta andaina finaliza o 2 de maio. Os datos da proba, inscricións, datas, etc. poden consultarse na web da Andaina, no teléfono 981 577 928 ou a través do enderezo de correo andaina50kmsantiago@gmail.com.
A Andaina dos 50 quilómetros permitirá percorrer a paisaxe máis rica de Compostela
27/04/2017 A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, deron a coñecer esta mañá os detalles da XIV Andaina dos 50 quilómetros de Santiago de Compostela, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de maio. A proba está incluída na Copa de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo.
A saída da Andaina será ás 9:00 horas e hai un límite máximo de 12 horas para rematar a proba de tal xeito que "a hora límite será as 21:00 horas", tal e como lembrou a concelleira de Deporte. A proba está incluída na Copa de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo.Esta camiñada ofrécenos unha ocasión única para gozar das paraxes máis atractivas do entorno da nosa cidade. O percorrido reproduce practicamente o trazado do pasado ano, conservándose os pasos tradicionais máis atractivos (Sarela, Gatofero, Tambre, Pedroso). Mantense como punto de saída a praza Europa, en Área Central, que será tamén o punto de cruce dos dous bucles que compoñen a andaina.