VIVENDA

Rematadas 57 novas vivendas protexidas en Conxo

30/11/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de celebración do fin de obra de 57 novas vivendas protexidas. Construíronse en réxime de cooperativa e están situadas na rúa dos Irmáns Vilar Ponte, en Pontepereda-Conxo.

As novas residencias teñen dúas, tres e catro habitacións e distribúense en dez andares cunha alta calidade construtivas e excepcionais vistas. As chaves das residencias serán entregadas nos vindeiros días aos seus propietarios.

No acto, o alcalde destacou que esta nova promoción responde á "oferta de vivenda razoable para os sectores máis desfavorecidos". Á esta celebración asistiu tamén a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero.

Compartir: