INFRAESTRUTURAS
Será unha remodelación total que contemplará a construción dunha pista polideportiva, que terá bancadas, porterías antivandálicas e nova iluminación, unha área recreativa e un parque infantil.
A Xunta de Goberno tamén aprobou as obras de ampliación da iluminación na rúa 25 de Xullo, nas Cancelas, por un importe de 15.697 euros. Con esta actuación, que comezará a principios do ano que vén e que contempla a colocación de 11 luminarias, complétase a tarefa de iluminación da zona.
O Concello tamén procederá a mellorar o sistema de iluminación das rúas Pequena e Mallou de Abaixo, tal e como solicitaran os veciños da zona. Neste caso colocaranse 31 puntos de luz. O orzamento da obra ascende a 53.320 euros, que se unen aos 120.000 que xa se estaban a investir na mellora da iluminación da zona.
O Concello investirá preto de 60.000 euros na remodelación do campo da festa de Lamascal
28/11/2006 A Xunta de Goberno local deulle o visto bo ás obras de remodelación do campo da festa de Lamascal, en San Xoán de Fecha. O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, ofreceu os detalles en rolda de prensa, onde tamén explicou as obras de ampliación e reforma da iluminación nas rúas 25 de Xullo (As Cancelas), Pequena e Mallou de Abaixo.
Case 60.000 euros investirá o Concello de Santiago na remodelación do campo da festa de Lamascal, unha obra que da resposta ás peticións dos veciños, que recibiron as explicacións de como quedará a zona trala remodelación de boca do concelleiro da área, Bernardino Rama.Será unha remodelación total que contemplará a construción dunha pista polideportiva, que terá bancadas, porterías antivandálicas e nova iluminación, unha área recreativa e un parque infantil.