CONSORCIO
Esta exposición é unha iniciativa da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, integrada por persoas que, por unha parte, comparten a súa paixón pola fotografía e, por outra, apostan por unha fotografía de calidade que sirva como medio de creación e de expresión cultural, con distintos tipos de miradas e xeitos de entender a fotografía. Entre as diferentes actividades que se organizan dende Fotoforum están os proxectos expositivos e "Mirando a cidade" é a súa proposta deste ano.
Tal como explica Fuco Reyes, "Mirando a cidade é un proxecto expositivo que pretende facer un percorrido pola historia da urbe compostelá. Este percorrido polo tempo realízase a través de fotografías de lugares que pertencen a diversas épocas da cidade, dende as súas orixes ata a actualidade". Deste xeito, nun primeiro momento levouse a cabo un labor de documentación sobre unha serie de espazos atribuídos a diferentes datas e, nun segundo momento, fotografáronse eses lugares.
A cada participante deste proxecto asignóuselle unha localización emblemática da historia de Compostela e cada un deles representou o lugar correspondente segundo a súa mirada persoal. Así, "Mirando a cidade" é unha exposición dun colectivo pero, ao mesmo tempo, mantén a autoría e o enfoque de cada un dos e das participantes nesta experiencia.
Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes. Recollen espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…
A comisaria da exposición, Belén Castro, sinala que "Compostela non se crea dunha vez senón por ampliacións e substitucións. É un mosaico de obxectos de idades diferentes con funcionamento unitario. A súa paisaxe reescríbese en moitos momentos. Por iso, nesta exposición dáse conta dos testemuños que os nosos antepasados conservaron da organización urbana da cidade de Santiago".
Catro salas mostran catro etapas históricas diferentes
No transcurso da inauguración da mostra, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega, manifestou que "a través deste traballo conseguimos reconstruír a historia da cidade, a súa memoria, dende diferentes miradas". Así, a exposición divídese en catro espazos correspondentes a catro etapas históricas: dende as súas orixes ata o século XI, momento no que se inicia a súa configuración urbana; do século XII ao XV, período no que Compostela se converte en centro clerical e cultural trala reactivación do Camiño de Santiago; do século XVI ao XVIII, cando a cidade era a capital artística de Europa; e dende o XIX ata a actualidade, coa eclosión urbanística.
A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido ata finais de xuño
A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata finais do vindeiro mes de xuño. Poderá visitarse no horario habitual do museo, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.
Unha exposición de fotografías mostra a evolución da cidade a través de lugares emblemáticos
30/03/2017 Baixo o título "Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", o Consorcio de Santiago promove unha exposición de fotografías que mostran a evolución urbana da cidade de Santiago.
Exhíbese na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, onde se presentou esta mañá. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o comisario da exposición xunto a Belén Castro e presidente de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes; varios dos fotógrafos participantes nesta mostra; ademais do responsable de Publicacións e Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.Esta exposición é unha iniciativa da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, integrada por persoas que, por unha parte, comparten a súa paixón pola fotografía e, por outra, apostan por unha fotografía de calidade que sirva como medio de creación e de expresión cultural, con distintos tipos de miradas e xeitos de entender a fotografía. Entre as diferentes actividades que se organizan dende Fotoforum están os proxectos expositivos e "Mirando a cidade" é a súa proposta deste ano.