PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Delegada de Traballo, María Debén, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, veñen de expor os resultados dos Programas de Cooperación nos que colaboran ambas administracións.
Este ano increméntase notablemente a subvención destinada a Programas de Cooperación e o número de desempregados que se van contratar: 91 fronte aos 35 do 2005, o que supon un aumento do 162,5% no número de contratacións. O orzamento dos programas (antes denominados Programas Labora e Programas de Obras), pasou dos 542.625,3 euros no ano 2005, ao 1.116.286,10 euros do 2006.
O obxetivo destes programas é contratar a desempregados para desenvolver obras e sevizos de interese para a comunidade, incrementando así as súas expectativas de reinserción e a sua cualificación profesional.
O tipo de obras e servizos aos que se da preferencia son os que resultan de maior interese xeral e social; os que permitan a creación permanente de maior número de postos de traballo; e os que favorezan a formación e a práctica profesional dos traballadores e traballadoras con maiores dificultades de inserción.
Os contratos teñen unha duración media de nove meses. Priorizaráse a contratación de mulleres (60%), maiores de 45 anos (25%) e xóvenes en busca do seu primeiro emprego (15%).
Os contidos e materias de actuación dos 18 programas seleccionáronse dacordo con dous criterios: por tratarse de xacementos de emprego e ter maiores perspectivas de crecemento a corto prazo, e atendendo ás recomendacións realizadas pola Unión Europea en materia de emprego.
Noventa e unha persoas vanse reisertar laboralmente no 2006 grazas aos Programas de Cooperación do Concello e a Consellería de Traballo
27/11/2006 Destas personas, 55 son mulleres, o que representa o 60%, e 36 homes. A través destes programas, que se extenderán ata setembro de 2007, está prevista a incorporación ao mercado laboral de 144 desempregados.
No 2006 a Consellería de Traballo concedeu subvencións para 18 Programas de Cooperación por valor de 1.116.286,10 euros, o que supón un aumento no orzamento do 105,7% respecto das accións levadas a cabo o ano pasado.A Delegada de Traballo, María Debén, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, veñen de expor os resultados dos Programas de Cooperación nos que colaboran ambas administracións.