REFUXIO

A Fundación Refuxio de Animais aproba a resolución das probas de selección para contratar novo persoal

27/11/2006 Os membros da Fundación Refuxio de Animais, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuníronse esta mañá en sesión ordinaria na Casa do Concello de Santiago.

Durante a reunión, como estaba previsto nos puntos da orde do día, aprobouse a resolución das probas de selección de persoal operario para o refuxio, así como a proposta para a convocatoria de selección de persoal para cubrir unha praza de auxiliar administrativo para a Fundación.

Acordouse tamén actualizar o estudo económico e levar a cabo unha proposta de traballos e servizos para que o refuxio poida realizar funcións de lacería.

A relación de persoas seleccionadas como operarios e os seus suplentes estará colgada proximamente na páxina web do Concello

Compartir: