MEDIO AMBIENTE
Roteiro polas Brañas de Sar
O sábado 25 de marzo, ás 12:00 horas, celebrarase o roteiro interpretativo mensual, que desta vez levará os/as participantes polas Brañas de Sar. Será unha oportunidade para descubrir os valores naturais, os usos tradicionais e outras curiosidades deste fermoso entorno. A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 7 anos).
Xornadas Auga en Compostela
Ademais, coa colaboración con Viaqua, o CIAC preparou para este mes de marzo unhas xornadas a través das que coñecer o ciclo da auga en Santiago de Compostela. O programa arrancará o venres 17 de marzo cunha visita á potabilizadora do Tambre, de 17:00 a 18:30 horas.
O venres seguinte, 24 de marzo, no mesmo horario, o CIAC acollerá a charla "A pegada hídrica", a cargo de Yago Lorenzo, de Cetaqua. As xornadas completaranse o venres 31 de marzo, de 17:00 a 18:00 horas, cunha visita á depuradora de Aríns.
Todas as actividades son de balde, pero é preciso inscribirse a través do teléfono 981 543 145 ou da dirección de correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.
CIAC
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela está localizado no parque de Belvís, no edificio dun antigo curtidoiro. O CIAC quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía e conta con recursos didácticos e actividades que axudan a comprender mellor a relación entre a cidade e o seu medio ambiente.
O CIAC está aberto para público xeral as fins de semana e días festivos de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 horas. Pola semana, o CIAC abre para visitas guiadas a grupos de máis de 10 persoas, previa reserva chamando ao 981 543 145.
O CIAC celebra en marzo o Día da Árbore e programa unhas xornadas sobre a "Auga en Compostela"
28/02/2017 En marzo chega a primavera e, para darlle a benvida, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) celebrarán o Día da Árbore cun obradoiro e unha ruta. A programación completarase co habitual roteiro mensual e cunhas xornadas sobre a "Auga en Compostela", en colaboración con Viaqua.
O sábado 18 de marzo é o escollido polo CIAC para as súas actividades en torno ao Día da Árbore (21 de marzo). Así, ás 12:00 horas, realizarase un obradoiro de recoñecemento de árbores, para nenos e nenas a partir de 7 anos. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, partirá do CIAC o roteiro Coñecendo as árbores do parque de Belvís, para persoas adultas.Roteiro polas Brañas de Sar