ACCIÓN CULTURAL
As entradas para as funcións están á venda en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas. Teñen un prezo de 10 euros, cun 50% para os seguintes colectivos: para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais.
Ademais, o 9 de marzo haberá un coloquio ao remate da función co director e algún membro do elenco artístico. E o 15 de marzo, ás 19:30 horas, Quico Cadaval dará unha masterclass na sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta dirixida ás compañías de teatro da Rede de Centros Socioculturais da cidade.
Para todos os públicos
Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de A cabeza do dragón no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. Trátase da primeira obra do escritor que se representa en galego e será apta para todos os públicos, para que poida ser gozada tanto por nenos e nenas, como adolescentes e maiores.
A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.
Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.
Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulada polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.
Excéntricas estrea en Santiago "A cabeza do dragón", primeira representación en galego dunha obra de Valle-Inclán
27/02/2017 O alcalde de Compostela, Martiño Noriega; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e Quico Cadaval presentaron esta mañá a estrea en Compostela de A cabeza do dragón, a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego. Producións Teatrais Excéntricas presenta esta fábula, que poderemos ver por primeira vez no Teatro Principal os días 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo ás 20:30 horas, nun dos eventos culturais máis relevantes do 2017 no país.
Quico Cadaval é o responsable da dramaturxia e dirección do evento e tamén estará no escenario, acompañado dun elenco de luxo: Iván Marcos, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi. Baltasar Patiño deseñou a escenografía e o espazo lumínico; Suso Montero o vestiario, atrezzo e deseño gráfico; e a música, composta por Javier María López, está interpretada polo TAC, Taller Atlántico Contemporáneo, formado por prestixiosos músicos, moitos deles membros da Real Filharmonía de Galicia, dirixido por Diego García Rodríguez.As entradas para as funcións están á venda en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas. Teñen un prezo de 10 euros, cun 50% para os seguintes colectivos: para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais.