FESTAS
Este ano vanse repartir 16.000 euros en premios, nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella e disfrace individual. Tamén haberá premios especiais para a mellor comparsa procedente dos barrios e parroquias de Santiago.
Percorrido
O percorrido do desfile do martes de Entroido será o mesmo de anos anteriores. Os participantes empezarán a concentrarse ás 16:30 horas na Estación de Ferrocarril. Dende alí, discorrerá polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Nestas rúas estará prohibido o estacionamento entre as 14:00 horas e o remate do desfile.
Así mesmo, produciranse cortes intermitentes de tráfico nas mesmas rúas, polo que se recomenda na medida do posible evitar circular pola zona do Ensanche na tarde de mañá.
Sete carrozas, quince comparsas e nove grupos participarán no desfile do martes de Entroido
27/02/2017 Centos de persoas participarán mañá no desfile do martes de Entroido, a cita máis importante do Carnaval de Santiago. A súa saída está prevista para as 17:30 horas, dende a estación do ferrocarril, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Logo, a partir das 21:00 horas, na Sala Capitol, celebrarase a entrega de premios, que se manteñen nas contías do ano pasado. Así, haberá galardóns nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella, disfrace individual, e premios especiais para a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios do Concello de Santiago. En total repartiranse 16.000 euros en premios. A música poraa a orquestra Os Modernos.
No desfile do martes de Entroido participarán sete carrozas, 15 comparsas e nove grupos. Tamén se inscribiron para o concurso catro parellas e once disfraces individuais. As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia de Casariego.Este ano vanse repartir 16.000 euros en premios, nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella e disfrace individual. Tamén haberá premios especiais para a mellor comparsa procedente dos barrios e parroquias de Santiago.