PARTICIPACIÓN
O acto foi introducido polo alcalde, que explicou que "chegamos a estes Encontros ao vivo despois de ter feito unha auditoría cidadá tras reunirnos con máis de 30 colectivos veciñais". Martiño Noriega insistiu en que o Goberno pretende "fomentar unha participación real, que non sexa un postureo, e estas xuntanzas van na liña que xa temos iniciada coa posta en marcha dos orzamentos participativos".
Demandas veciñais
A maioría das preguntas formuladas pola veciñanza estiveron relacionadas con cuestións vinculadas ao mantemento da rede viaria e das zonas verdes. Os veciños e veciñas tamén se interesaron polo estado dos pasos de peóns e, ao respecto, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que "a Policía Local está elaborando un informe sobre todos os pasos de cebra, para detectar cales son susceptibles de introducir melloras en materia de seguridade".
Tamén houbo preguntas relacionadas coa apertura da ludoteca de Fontiñas. Ao respecto, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, explicou que o Concello está á espera de que "a Xunta faga unhas indicacións relativas ás obras de mellora de accesibilidade pendentes antes da apertura". O edil lembrou tamén que a ludoteca "foi rebautizada como Centro Educativo e de Lecer María Miramontes".
Tamén relacionado cos espazos educativos do barrio de Fontiñas, o concelleiro Jorge Duarte adiantou no encontro que "xa está redactado un proxecto para construír unha pasarela cuberta entre os centros de educación infantil e primaria das Fontiñas". Tamén se anunciou neste encontro que se están redactando os pregos para a licitación do parque infantil de Sar, vinculado aos orzamentos participativos.
Outra das preocupacións expresadas pola veciñanza estivo relacionada cos apartamentos turísticos. A concelleira de Turismo, Marta Lois, explicou que o seu departamento "está elaborando un estudo sobre estes establecementos, que terán que regularizarse en virtude do decreto aprobado pola Xunta".
Próximos encontros
Os Encontros ao vivo son un novo paso na aposta pola participación cidadá que fai o Goberno local. Estas xuntanzas completan os procesos iniciados coa auditoría cidadá elaborada a partir das ducias de reunións mantidas coas diferentes asociacións de Compostela e coa posta en marcha dos orzamentos participativos.
O obxectivo é abarcar todo o territorio de Compostela con estes actos, e por iso están planificados nove Encontros ao vivo, seis en áreas urbanas e tres en áreas rurais. En cada un deles, agruparanse varios barrios ou parroquias, de xeito que se poderán tratar temas concretos que lles afecte á súa veciñanza, ou asuntos de interese para o conxunto da cidade. As xuntanzas serán sempre en sábado pola mañá, en principio o último ou o penúltimo sábado de cada mes e na medida do posible na rede de centros socioculturais.
Para o mes de marzo, o sábado 25, está previsto o segundo Encontro ao vivo, neste caso para a zona Rural Norte, que agrupa as parroquias de Bando, Sabugueira, Carballal, Enfesta, Cesar, Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Gracia, A Peregrina, Grixoa, San Xoán de Fecha e Santa Cristina de Fecha. En abril, celebrarase unha xuntanza coa veciñanza da zona Urbana Sureste (Sar, Pontepedriña, Restollal, Lamas de Abade e Castiñeiriño).
Celebrado o primeiro "Encontro ao vivo" para a área Urbana Nordeste
25/02/2017 O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu esta mañá o primeiro Encontro ao vivo organizado polo Goberno local para completar os procesos de participación que ten impulsados e para render contas de xeito directo coa veciñanza.
Uns 70 veciños e veciñas asistiron a esta primeira xuntanza, pensada para a área Urbana Nordeste de Compostela, que abrangue as zonas de San Pedro, Belvís, Fontiñas, Viso, Camiño Francés, Monte dos Postes, San Lázaro e Amio. Os/as participantes puideron formular as súas dúbidas e as súas demandas ao alcalde, Martiño Noriega, e a todos os concelleiras e concelleiras do equipo de Goberno.O acto foi introducido polo alcalde, que explicou que "chegamos a estes Encontros ao vivo despois de ter feito unha auditoría cidadá tras reunirnos con máis de 30 colectivos veciñais". Martiño Noriega insistiu en que o Goberno pretende "fomentar unha participación real, que non sexa un postureo, e estas xuntanzas van na liña que xa temos iniciada coa posta en marcha dos orzamentos participativos".